Matelotage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O matelotage (do francés matelot, home de mar), foi unha institución análoga ó matrimonio que existiu entre os piratas arredor do século XVII.

Características[editar | editar a fonte]

Tratábase dunha unión permanente e formal entre dous homes adultos. Os dous membros da parella unían os seus bens, loitaban xuntos e coidaban un do outro en caso de doenza. En ocasións o matelotage quedaba expresado por medio dun contrato no que se estipulaba que, en caso de falecemento dun deles, a súa parella herdaba todos os seus bens.

Esta práctica era común na illa de La Tortuga e chegou a normalizarse entre a poboación civil de illas como A Española ou Xamaica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]