Saltar ao contido

Domando a fera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Domando a fera
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
Bringing Up Baby (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Colaborador/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
18 de febreiro de 1938 (Estados Unidos de América)
18 de marzo de 1966 (Alemaña)
1938 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración102 min Editar o valor en Wikidata
Custo1100000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación1259000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF225701209 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-1B70-0000-6-0000-0000-J Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0jq56 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
7.8/10 Internet Movie Database (23 de marzo de 2026)
91/100 Metacritic (30 de agosto de 2025)
97% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
8.8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0029947 Filmaffinity: 290267 Allocine: 939 Rottentomatoes: m/bringing_up_baby Mojo: bringingupbaby Allmovie: v7142 TCM: 568 Metacritic: movie/bringing-up-baby TV.com: movies/bringing-up-baby Netlix: 60027939 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Domando a fera (en inglés: Bring Up Baby) é un filme estadounidense dirixido por Howard Hawks que se estreou en 1938. Emitiuse subtitulado en galego a través da TVG o 22 de maio de 2016.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

David Huxley (Cary Grant) é un paleontólogo de vida pacífica, que ten como maior preocupación rematar a montaxe do esqueleto dun brontosauro ao que lle falta un óso. Está a piques de casar cunha muller de personalidade ríxida e ademais ten que dar boa impresión a Mrs. Random, unha rica muller que está pensando en facer unha xenerosa doazón ao seu museo. Porén, o día anterior á súa voda, David coñece a Susan Vance (Katharine Hepburn), unha moza aloucada que resulta ser a sobriña de Mrs. Random.

O irmán de Susan, Mark, envioulle dende Brasil un leopardo domesticado chamado "Baby", para que ela o entregue á súa tía. Susan confunde a David cun zoólogo e obrígao a que a acompañe á súa casa de campo para facerse cargo de Baby. A situación complícase cando Susan comprende que está namorada de David e decide retelo para evitar que case. Ademais, o can de Susan rouba e enterra o último óso do brontosauro de David e este deixa solto por erro outro leopardo dun circo próximo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Repercusión

[editar | editar a fonte]

Domando a fera foi un fracaso rotundo de público, o que provocou que Howard Hawks fose apartado da dirección do que ía ser o seu seguinte filme, Gunga Din, tamén con Cary Grant, e obrigou a Hepburn a pagar a súa parte do contrato. Porén, a medida que pasaron os anos o filme obtivo cada vez máis atención, ata converterse nun clásico da comedia.

En 1990 Domando a fera foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América como "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[2] Na listaxe dos cen mellores filmes confeccionada polo American Film Institute en 1997 ocupou o posto 96.

  1. La Voz de Galicia, 21 de maio de 2016. Páx. 54
  2. Complete National Film Registry Listing

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]