Día Internacional do Orgullo LGBT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Día do Orgullo Gai")

O Día Internacional do Orgullo LGBT, tamén coñecido como Día do Orgullo Gai ou simplemente Orgullo Gai, refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGBT, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas.

A festa ten lugar o 28 de xuño, polo que a maioría das celebracións realizánse ao redor desa data ou no sábado inmediatamente posterior. A noción básica do «orgullo LGBT» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1969, clientes do bar Stonewall Inn, en Nova York, frecuentado por homosexuais e transexuais, fixéronlle fronte á acción policial alí ocorrida, desencadeándose dous días de protestas que culminaron na marcha do 1 de xullo de 1970, precursora das do Orgullo LGBT.

Marchas e celebracións[editar | editar a fonte]

Orgullo LGBT de Reiquiavik en 2004.

A celebración é coñecida sobre todo polas coloridas «marchas do orgullo» (en inglés «pride parades») que coinciden, no hemisferio norte, co inicio do verán. Os símbolos do orgullo LGBT son a bandeira coas cores do arco da vella e os triángulos rosas. Hoxe en día, após se teren superado en moitos países as leis que penalizaban a homosexualidade, reivindícase o mesmo para o resto do mundo.

En Europa, cada ano os colectivos homosexuais elixen unha cidade distinta de forma itinerante para celebrar en conxunto o orgullo LGBT de todo o continente. Esta marcha é denominada Europride.