Saltar ao contido

Xurxo Fernandes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXurxo Fernandes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoA Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJako el muzicante Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMeirás Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, folclorista Editar o valor en Wikidata

Sitio webxurxofernandes.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: xurxofernandesmusica Instagram: xurxofernandes Youtube: UCOD08Qhd5v_obQlEpuOI1Sg TikTok: xurxofernandes Spotify: 0qkiMJSOeRtqW47ngPsX4Y iTunes: 680678568 Last fm: Xurxo+Fernandes Discogs: 6416569 Allmusic: mn0003129154 Deezer: 6336296 Editar o valor en Wikidata

Xurxo Fernandes García, tamén coñecido como Jako el Muzicante, nado na Coruña, é un músico e investigador da música tradicional galega e sefardí.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Concerto na vila de Sada (2022)

Durante os primeiros anos da década de 1990, movido por intereses lingüísticos,[1] comezou a percorrer as aldeas galegas realizando traballos de recolla etnográfica.[2] Entrou deste xeito en contacto co mundo das pandeireteiras rurais, mulleres de idade que posuían aínda viva na memoria toda a riqueza do patrimonio musical galego de tradición oral. Dedicouse a estes traballos de campo durante as dúas décadas seguintes. Un tempo no que tamén impartiu aulas de canto, baile e pandeireta por todo o país, dirixindo grupos de cantareiros en lugares como Tordoia[3],Teixeiro[4], ou A Coruña.[5]

En 2013 formou con Henrique Peón, un dos referentes no mundo da investigación etnográfica galega, o grupo de música tradicional Radio Cos. Nesta formación os dous pandeireteiros uniron a experiencia de anos de recollidas, e con el percorreron escenarios de toda Europa. O grupo publicou dous traballos discográficos: Radio Cos no ano 2013 e Pasatempo en 2017,[6] e foi un dos grupos galegos escollidos para participar na edición de 2016 da World Music Expo.[7]

No 2017, con membros da asociación cultural coruñesa Xacarandaina, publicou o videoclip "Xunta en Corcubión".[8] Un traballo no que lembra a histórica viaxe do musicólogo estadounidense Alan Lomax a Galiza no ano 1952.[9] Tamén no eido da música máis tradicional, Xurxo publicou en 2019, acompañado polo músico Pedro Lamas, o EP Altaplana, coa súa versión de catro prezas da música popular.[10]

Jako el Muzicante

[editar | editar a fonte]

De xeito paralelo aos seus traballos de campo galegos, comezou o seu interese por outras culturas minorizadas, especialmente pola lingua e a música serfardí. Iniciou daquela unha investigación que o levou a percorrer diversos países da conca do Mediterráneo, principalmente os pertencentes noutrora ao Imperio Otomán. Nestas pescudas achou evidentes ligazóns entre a tradición oral destes países e a galega.[11] Uns vínculos nos que xa tiñan reparado outros investigadores da música galega de raíz como Mercedes Peón ou Dorothé Schubarth.[12]

Coa bagaxe destas investigacións, Xurxo creou un alter-ego: Jako el Muzicante. Un artista inspirado nunha personaxe real que percorreu os cafés amán nos anos vinte do século XX.[13] Como Jako publicou en 2019 o libro-disco “Ven al Luna Park”[14].[15]

En 2021, uniu nun traballo as súas dúas facianas artísticas, a galega e a oriental. No seu novo disco, titulado "Levaino!",[16] mestúranse pezas recollidas en Coristanco, A Mezquita ou Tordoia, con outras procedentes de Bulgaria, Turquía, Marrocos ou Israel.[17] Neste disco, e nas súas actuacións, participa o grupo Pandeireteiras Sen Fronteiros (Pan Sen Fron). Unha formación musical formada por Xurxo e o seu alumnado en 2014, a partir das aulas impartidas no C.S. Gomes Gaioso de Monte Alto.[18]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Portada do segundo traballo de Radio Cos: Pasatempo.
Título Detalles Videoclip
Radio Cos
  • Sete Cuncas (2013).[19]
Pasatempo
Altaplana
  • con Pedro Lamas.
  • Lanzamento: 2019.
  • Formato: EP.
Ven al Luna Parck
  • como Jako el Muzicante.
  • Lanzamento: 2019.
  • Formato: Libro-CD.
Levaino
  • Levaino (2021).[20]
  • O piollo malvado (2022).[21]
  1. "Xurxo Fernandes: “O binormativismo vejo-o viável, necessário e perfeitamente assumível”". Portal Galego da Língua. 2021-11-17. Consultado o 2022-09-11. 
  2. Blume, Felix (2011-04-22). "TEMPO DA RECOLLEITA (Galego)". Consultado o 2021-04-01. 
  3. Luneda producións (08/2012). Pandereteiras Bouba (A Pontragha, Tordoia) - Jota de Sofán (Youtube). 
  4. MPAGDP (08/2012). Os fillos de Pepa a Loba (Vimeo). 
  5. "Biografía Xurxo Fernandes". www.xurxofernandes.gal. Consultado o 2022-09-09. 
  6. "Radio Cos". musicaengalego. Consultado o 2022-09-09. 
  7. "Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, sons galegos para o Womex 2016". Praza Pública. 2016-07-13. Consultado o 2022-09-09. 
  8. Xurxo Fernandes, Nuria Foz (2017). Xurxo Fernandes - Xunta en Corcubión (Vídeo oficial) (Youtube). 
  9. TVG (Programa O son da ribeira) (2020). Entrevista Xurxo Fernandes - Mulleres de Corcubión (Youtube). 
  10. "Altalaplana - EP de Xurxo Fernandes & Pedro Lamas" (en castelán). 2019-06-01. Consultado o 2022-09-09. 
  11. "Xurxo Fernandes, músico: «Na nosa tradición oral temos conexión co Mediterráneo»". La Voz de Galicia. 2021-03-15. Consultado o 2022-09-11. 
  12. TVG (23/12/2015). Naqueles tempos 13 - A gaita galega III (Youtube). 
  13. "Jako el Muzikante, el eterno sefardita errante". Nuevatribuna (en castelán). Consultado o 2022-09-09. 
  14. ""Ven al Luna Park", Jako el Muzikante (Xurxo Fernándes)". OZOCOgz Deseño Galego. Consultado o 2022-09-09. 
  15. "Jako el Muzikante, la vuelta al Mediterráneo en quinientos años". ElDiario.es (en castelán). 2020-06-21. Consultado o 2022-09-11. 
  16. TVG (2021). Xurxo Fernandes fala do Levaino! - Música galega (Youtube). 
  17. "Xurxo Fernandes: entretejiendo la música sefardí y la gallega". Radio Sefarad (en castelán). Consultado o 2022-09-10. 
  18. Ardelloeixo Foliadas Da Coruña (9/2/2018). Presentación Pandeireteiras sen Fronteiros (Youtube). 
  19. Radio Cos (2013). Sete Cuncas (Youtube). 
  20. Xurxo Fernandes (2021). Levaino! (Youtube). 
  21. Xurxo Fernandes (13/03/2022). O Piollo Malvado (Vídeo Oficial) (Youtube). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Jako el Muzicante.
Canle de Jako el Muzicante no Youtube.
Canle de Jako el Muzicante no Instagram.
Canle de Jako el Muzicante no Spotify.