Alan Lomax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alan Lomax
Alan Lomax.jpg
Nacemento31 de xaneiro de 1915
Lugar de nacementoAustin
Falecemento19 de xullo de 2002
Lugar de falecementoSafety Harbor
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard, Universidade de Columbia, Universidade de Texas en Austin, Choate Rosemary Hall e St. Mark's School of Texas
Ocupaciónantropólogo, músico, musicólogo, historiador, ethnomusicologist, historiador da música, fotógrafo, crítico musical, xornalista e director de cinema
PaiJohn Lomax
CónxuxeElizabeth Lyttleton Sturz
IrmánsBess Lomax Hawes
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, National Medal of Arts, Prêmio Grammy ao Curador e Library of Congress Living Legend
editar datos en Wikidata ]

Alan Lomax, nado o 31 de xaneiro de 1915 en Austin e finado o 19 de xullo de 2002 en Safety Harbor, foi un importante etnomusicólogo estadounidense, considerado como un dos máis grandes compiladores de cancións populares do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alan Lomax era fillo do tamén etnomusicólogo John Lomax, con quen comezou a súa carreira aos 22 anos gravando temas cantados por presos ou por traballadores afroamericanos de Texas, Luisiana e Misisipi.[1] Graduose en filosofía na Universidade de Texas en Austin, e traballou posteriormente en varios proxectos para a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América. Desenvolveu o seu propio sistema para analizar cancións, que chamou cantométrica, onde trataba principalmente de atopar as relacións entre a socioloxía e o corpus musical.

Dedicou a maior parte da súa vida a viaxar polo mundo para recoller coa súa gravadora mostras do folclore musical de países como España, Italia, Irlanda, India ou Romanía. Visitou Galicia en 1952, e realizou gravacións que deron pé ao disco The Spanish Recordings: Galicia[2], onde incluíu o asubío recollido en Faramontaos (Nogueira de Ramuín) no que se inspirou Miles Davis para crear a peza "The Pan Piper"[3].

Tamén lanzou á fama a varios intérpretes de blues, como Muddy Waters, Leadbelly, Woody Guthrie, Jelly Roll Morton ou Jeannie Robertson, ademais de gravar estilos musicais case descoñecidos, como os espirituais de Sea Islands. Participou en varios programas de radio e series de televisión, e desempeñou un papel importante no “renacemento” do folk (folk revival) que tivo lugar nos anos 1950 e 1960 nos EUA e Inglaterra. Colaborou tamén con Ruth Crowford Seeger en dúas importantes antoloxías durante a década de 1940, Our Singing Country, 1941, e Folk Song: USA, 1947.

Gañou o prestixioso premio National Book Critics Circle Award en 1993 polo seu libro The Land Where the Blues Began, onde expuña a historia das orixes do blues. Morreu en Florida, aos 87 anos, e un ano máis tarde recibiu un póstumo Grammy en recoñecemento á súa vida e á súa achega á música.

Obras[editar | editar a fonte]

  • American Ballads and Folk Songs (1934)
  • Negro Folk Songs as Sung by Leadbelly (1936)
  • Cowboy Songs and Other Frontier Ballads (1937)
  • Our Singing Country: A Second Volume of American Ballads and Folk Songs (1941)
  • American Folksong and Folklore (1942)
  • Folk Songs: USA (1946)
  • Mister Jelly Roll: The Fortunes of Jelly Roll Morton, New Orleans Creole and "Inventor of Jazz" (1950)
  • Harriet and Her Harmonium (1955)
  • The Rainbow Sign (1959)
  • The Folk Songs of North America (1960)
  • The Leadbelly Songbook (1962)
  • Hard-Hitting Songs for Hard-Hit People (1967)
  • Folk Song Style and Culture (1968)
  • 3000 Years of Black Poetry (1969)
  • Cantometrics: A Method of Musical Anthropology (1977)
  • Land Where the Blues Began (1993)
  • Brown Girl in the Ring: An Anthology of Song Games from the Eastern Caribbean Alan Lomax (1997)

Discografía (selección de gravacións)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alan Lomax". El Mundo. 24 de xullo de 2002. 
  2. Norberto Pablo Cirio (2002). "The Spanish Recordings: Galicia". Boletín de la Asociación Argentina de Musicología (49): 16–20. 
  3. Bieito Romero (16 de xuño de 2020). "Alan Lomax". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Lomax, Alan" necrolóxica en Current Biography, 2002.
  • Alan Lomax: Mirades Miradas Glances. Ed. Antoni Pizà (Barcelona: Lunwerg / Fundacio Sa Nostra, 2006) ISBN 84-9785-271-0
  • Sorce Keller, Marcello. “Kulturkreise, Culture Areas, and Chronotopes: Old Concepts Reconsidered for the Mapping of Music Cultures Today”, en Britta Sweers e Sarah H. Ross (eds.) Cultural Mapping and Musical Diversity. Sheffield UK/Bristol CT: Equinox Publishing Ltd. 2020, 19-34.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]