WOMEX (World Music Expo) é un proxecto internacional de apoio e desenvolvemento de Músicas do mundo que comezou en Berlín pero que vai variando o local onde ten lugar anualmente a través de diferentes cidades de Europa. O principal evento deste acto é unha feira comercial, mostras, conferencias, mercado de películas, sesións de networking, e premios. Os músicos e as súas obras teñen a posibilidade de facer contactos para pases e distribución internacional de cadanseu álbum.