Amancio Liñares Giraut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Amancio Liñares Giraut»)
Amancio Liñares Giraut
Nacemento9 de xaneiro de 1961
Lugar de nacementoNegreira
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador
Na rede
Dialnet: 1964863
editar datos en Wikidata ]

Xosé Amancio Liñares Giraut, nado en Negreira o 9 de xaneiro de 1961, é un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia (especialidade de Historia Contemporánea) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1984 cunha tesiña dirixida por Ramón Villares. Exerce a docencia como catedrático de Xeografía e Historia no Ensino Secundario, actualmente en Negreira, tendo sido tamén profesor colaborador na Escola Universitaria de Traballo Social na Universidade de Santiago. Foi concelleiro en Negreira polo PSdeG-PSOE, tralas eleccións municipais de 1991. Foi fundador da Asociación Afonso Eanes, tendo ocupado os cargos de presidente (1979-1984), vicepresidente (1984-1987) e vogal (1992-1998); secretario da Fundación Castelao (1990-1999) e membro da súa xunta reitora desde o 2000; membro do Consello de Redacción de Encrucillada (1984-2002), da Revista Galega de Ciencias Sociais (2003) e da revista Roteiros (2006); así como membro da Asociación de Historia Contemporánea e da Asociación Galega de Ciencias Sociais. É director editorial de 3C3 Editores desde a súa fundación no 2001.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Nun cuarto para agardar e outras historias, 1985, Ediciós do Castro.
  • Xulián Magariños Negreira, un home da época Nós (1904-1934), 1988, Ediciós do Castro (con Blanca-Ana Roig Rechou).
  • Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia, 1992, Sementeira. Con Elixio Villaverde.
  • Arredor do centenario de Rosalía, 1985, 1995, Padroádego Rosalía de Castro. Editor.
  • Feiraco, 25 anos (1969-1994). Un modelo de agroindustria cooperativa, 1995, Feiraco. Editor.
  • Feiraco e o Val de Barcala. Un camiño de progreso, 1995. Editor.
  • O centenario de Castelao na lembranza, 1986, 1997, Fundación Castelao. Editor.
  • Vinte anos trobando coa cultura. "Afonso Eanes" (1976-1996), 1997, S. C. "Afonso Eanes". Editor.
  • Maruxa na Casa-Museo de Rosalía, 1999, Fundación Rosalía de Castro. Con Gonzalo Rey Lama.
  • Dicionario Eladio Rodríguez, 2001, 3C3 Editores. Con Antonio Puentes Chao.
  • Eladio Rodríguez González, 2001, Xunta de Galicia. Con Antonio Puentes Chao.
  • Dicionario Frei Martín Sarmiento, 2002, 3C3 Editores. Con Antonio Puentes Chao.
  • Xente e terra de Xallas. Letras da mocidade, 2002, Concello de Santa Comba. Coordinada con Antonio Puentes Chao.
  • Xosé Luís Pensado. Philologus et magister. In memoriam, 2002, Deputación da Coruña/Concello de Negreira. Editor.
  • Dicionario Antón Avilés de Taramancos, 2003, 3C3 Editores. Con Antonio Puentes Chao.
  • Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX, con Omayra Lista, 2007, 3C3 Editores. (2007), en co-autoría con Omayra Lista. Premio de Ensaio "Manuel Murguía" (VI Edición, 2006), da Deputación da Coruña. 3C3 Editores, Santa Comba-A Coruña.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Ciudadanos españoles en el mundo. Situación actual y recorrido histórico, 2008, Grupo España Exterior.
  • La emigración española a Europa en el siglo XX, 2009, Grupo España Exterior.
  • El protagonismo de la mujer en las corrientes migratorias españolas, 2009, Grupo España Exterior.
  • Hijos y nietos de la emigración española. Las generaciones del retorno, 2009, Grupo España Exterior.
  • La memoria de la emigración. Fuentes históricas, centros y archivos para el estudio de los flujos migratorios españoles, 2011, Grupo España Exterior.

Premios e mencións[editar | editar a fonte]

  • Premio Modesto R. Figueiredo no 1984, por Nun cuarto para agardar.
  • Premio Vila de Negreira de Xornalismo no 1989.
  • Premio Vila de Negreira de Historia no 1991.
  • Medalla de Ouro do Concello de Negreira no 2002.
  • Premio Manuel Murguía de Ensaio no 2006, xunto a Omayra Lista, por Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]