Hogar Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hogar Gallego
PaísArxentina
Fundación1922
Na rede
Galiciana: 577342
editar datos en Wikidata ]

Hogar Gallego foi unha revista da emigración galega que se editou en Buenos Aires entre 1922 e 1924.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Publicación oficial do Hogar Gallego de Buenos Aires, sociedade xurdida dunha escisión da Casa de Galicia. Apareceu o 1 de xuño de 1922. Dirixida por Andrés Rodríguez Barbeito, entre os seus redactores figurou José Fernández Lourido. Tiña correspondentes en Vigo (Amador Montenegro) e A Coruña (Alejandro Barreiro Noya). Contén información sobre actividades da institución editora e da colectividade. Maniféstase crítica coa Casa de Galicia e o Orfeón Gallego. Inclúe artigos de temática galega e fai propaganda dos ideario galeguistas. Inclúe colaboracións literarias e artigos sobre arte e cultura galegas. Entre os seus colaboradores figuraron Xavier Bóveda, Joaquín R. Rodríguez, Jaime Solís, Manuel Castro López, Ramón Villar Ponte, Manuel Salleres, J. Carreis, Luis Fernández Ardavín, Xoán Vidal, Casimiro Reyes, Marqués de Figueroa, Victoriano Taibo, Alfonso R. Castelao e Miguel de Corzames.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]