Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xacobe II de Inglaterra Nome orixinal (en) James II Nacemento 14 de outubro de 1633 (Xuliano) Londres, Reino Unido Morte 5 de setembro de 1701 (Xuliano) (67 anos)Saint-Germain-en-Laye, Francia Causa da morte hemorraxia cerebral Lugar de sepultura Castelo de Windsor Pretendente xacobita 11 de decembro de 1688 – 16 de setembro de 1701 Monarca de Irlanda 6 de febreiro de 1685 – 11 de decembro de 1688 ← Carlos II de Inglaterra – María II de Inglaterra → Monarca de Escocia 6 de febreiro de 1685 (Xuliano) – 11 de decembro de 1688 ← Carlos II de Inglaterra – María II de Inglaterra → Monarca de Inglaterra 6 de febreiro de 1685 – 11 de decembro de 1688 ← Carlos II de Inglaterra – María II de Inglaterra → Duque de York 14 de outubro de 1633 – 6 de febreiro de 1685 Duque de Normandía
Ideoloxía política Xacobitismo Relixión Igrexa católica Ocupación político , monarca , comerciante de escravos , monarca Membro de Rango militar almirante Conflito batalla das Dunas Título Duque de York (1633–1685) Monarca de Escocia Monarca de Inglaterra Monarca de Irlanda Familia Casa de Estuardo Cónxuxe Maria de Módena (1673–) Ana Hyde (1659–1671) Parella Catherine Sedley, Condessa de Dorchester Arabella Churchill Margaret Brooke Fillos Charles Darnley ( ) child1 Stuart ( ) Maria de Módena Charles Stuart, Duke of Cambridge ( ) Ana Hyde María II de Inglaterra ( ) Ana Hyde Prince James, Duke of Cambridge ( ) Ana Hyde Ana de Gran Bretaña ( ) Ana Hyde Charles Stuart, Duke of Kendal ( ) Ana Hyde Henrietta FitzJames ( ) Arabella Churchill Edgar, Duque de Cambridge ( ) Ana Hyde Henrietta Stuart ( ) Ana Hyde James Fitzjames, Duque de Berwick ( ) Arabella Churchill Catherine Stuart ( ) Ana Hyde Arabella Fitzjames ( ) Arabella Churchill Henry FitzJames ( ) Arabella Churchill Catherine Laura Stuart ( ) Maria de Módena child2 Stuart ( ) Maria de Módena Isabel Stuart ( ) Maria de Módena Charles Stuart, Duke of Cambridge ( ) Maria de Módena Elizabeth Stuart ( ) Maria de Módena child3 Stuart ( ) Maria de Módena Charlotte Maria Stuart ( ) Maria de Módena child4 Stuart ( ) Maria de Módena James Darnley ( ) Catherine Sedley, Condessa de Dorchester child5 Stuart ( ) Maria de Módena Catherine Sheffield, Duchess of Buckingham and Normanby ( ) Catherine Sedley, Condessa de Dorchester Xacobe Francisco Eduardo Estuardo ( ) Maria de Módena Luísa Maria Stuart ( ) Maria de Módena Pais Carlos I de Inglaterra e Henriqueta María de Francia Irmáns Henriqueta Ana de Inglaterra Maria Henrietta Stuart Isabel Stuart da Grã-Bretanha Ana de Inglaterra (1637–1640) Carlos II de Inglaterra Henrique Stuart, Duque de Gloucester Sinatura
Descrito pola fonte Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopédia militar Sytin (pt)
Xacobe II e VII , nado o 14 de outubro de 1633 , e finado o 16 de setembro de 1701 , foi rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe II e Escocia como Xacobe VII ,[ 1] dende o 6 de febreiro de 1685 até que foi deposto pola Revolución Gloriosa de 1688. Foi o derradeiro monarca católico de Inglaterra , Escocia e Irlanda .
O segundo fillo sobrevivente de Carlos I , ascendeu ó trono despois da morte do seu irmán, Carlos II . Os membros da elite política protestante sospeitaban del por ser pro-francés, pro-católico e por desexar converterse en monarca absoluto . Cando tivo un herdeiro católico , os nobres animaron ó seu sobriño protestante Guillerme de Orange a realizar unha invasión militar dende as Provincias Unidas , o cal faría na Revolución Gloriosa de 1688. Xacobe abandonou Inglaterra (e así considerouse que abdicara).[ 2] Foi substituído pola súa filla máis vella protestante, María e polo seu marido Guillerme de Orange. Xacobe levou a cabo un serio intento de recuperar a coro cando chegou a Irlanda en 1689. Despois da derrota das forzas xacobitas na batalla do Boyne en xullo de 1690, Xacobe regresou a Francia . Viviu o resto da súa vida como un pretendente ó trono na corte do seu curmán e aliado Lois XIV .