Horizontes de grandeza
| Horizontes de grandeza | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
Horizontes de grandeza (en inglés: The Big Country) é un filme estadounidense de 1958 dirixido por William Wyler, protagonizado por Gregory Peck, Jean Simmons, Carroll Baker, Charlton Heston e Burl Ives. Os actores secundarios son Charles Bickford e Chuck Connors. Rodado en Technicolor e Technirama, o filme baséase na novela Ambush at Blanco Canyon de Donald Hamilton[1] e foi coproducido por Wyler e Peck. A secuencia de comezo dos créditos foi creada por Saul Bass.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un refinado home do leste, o capitán de barco retirado James McKay, chega ao oeste profundo para coñecer a familia das súa prometida, Patricia Terrill. Contra a súa vontade, McKay verase inmerso nas disputas entre o seu futuro sogro, Henry Terrill, e o patriarca dunha familia rival, Rufus Hannassey, polo control dunhas terras polas que cruza un río que achega a auga indispensable para os seus respectivos ranchos, terras que son propiedade da profesora e amiga de Patricia, Julie Maragon.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Gregory Peck como James McKay
- Jean Simmons como Julie Maragon
- Carroll Baker como Patricia Terrill
- Charlton Heston como Steve Leech
- Burl Ives como Rufus Hannassey
- Charles Bickford como Maj. Henry Terrill
- Alfonso Bedoya como Ramón Gutierrez
- Chuck Connors como Buck Hannassey
- Chuck Hayward como Rafe Hannassey
- Buff Brady como Dude Hannassey
- Jim Burk como Blackie / Cracker Hannassey
- Dorothy Adams como Hannassey Woman
- Chuck Roberson como Terrill Cowboy
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Detail view of Movies Page". Afi.com. Consultado o 2014-08-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Horizontes de grandeza na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)