Harold Russell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Harold Russell
Harold Russell still.jpg
Russell en 1946
Nome completoHarold John Russell
Nacemento14 de xaneiro de 1914
LugarNorth Sydney, Nova Escocia
Falecemento29 de xaneiro de 2002
LugarNeedham, Massachusetts
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeFlag of Canada.svg Canadá
Cónxuxe(s)Rita Russell-Nixon (1944-1978)
Betty Marshalsea (1981-2002)
ProfesiónActor
editar datos en Wikidata ]
Diary of a Sergeant (1945).

Harold John Russell, nado en North Sydney (Nova Escocia) o 14 de xaneiro de 1914 e finado en Needham (Massachusetts) o 29 de xaneiro de 2002 foi un veterano canadense-estadounidense da Segunda Guerra Mundial que, como actor afeccionado gañou dous Oscar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Canadá, mudouse coa súa familia a Massachusetts en 1933. Profundamente afectado polo ataque a Pearl Harbor, alistouse no exército estadounidense o día seguinte.

Sendo instrutor do exército, o 6 de xuño de 1944 estouroulle un explosivo que estaba manexando mentres realizaba un filme de adestramento.[1] Como resultado perdeu as dúas mans e colocáronlle dous ganchos prostéticos. Tras recuperarse, mentres estudaba na Universidade de Boston apareceu nun filme militar titulado Diary of a Sergeant sobre a rehabilitación dos veteranos de guerra. Cando o director William Wyler viu a Russell no filme contratouno para Os mellores anos da nosa vida con Fredric March e Dana Andrews.

Polo seu papel, Russell gañou o Oscar ao mellor actor secundario en 1947. Na mesma cerimonia recibira un Oscar honorífico por “traer esperanza e carraxe aos seus compañeiros veteranos”.[2] O premio especial fora creado porque a Academia quería recoñecer a Russell, actor non profesional, pero consideraba que tiña poucas posibilidades de gañar na súa categoría competitiva. É a única ocasión en que unha persoa gañou dous Oscar pola mesma interpretación.

Trala rodaxe do filme, Wyler dixo a Russell que volvese aos estudos, porque “non había moitos papeis para actores sen mans”. Finalmente graduouse en finanzas en 1949.

Tan só apareceu en dous filmes máis, Inside Moves en 1980 e Dogtown en 1997. Tamén apareceu nun episodio das series Trapper John, M.D. en 1981 e China Beach en 1989.

En 1992, necesitado de diñeiro para os gastos médicos da súa muller vendeu o seu Oscar ao mellor actor secundario nunha poxa en Nova York. Comprouno un coleccionista privado por 60.500 dólares. Russell defendeu a súa acción dicindo que “a saúde da miña muller é moito máis importante cás razóns sentimentais. O filme estará aí, aínda que o Oscar non estea.”[3]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1946 Os mellores anos da nosa vida
1980 Inside Moves
1981 Trapper John, M.D.
1989 China Beach
1997 Dogtown

Notas[editar | editar a fonte]

  1. New York Times (ed.). "Harold Russell Dies at 88; Veteran and Oscar Winner". 
  2. "Bringing hope and courage to his fellow veterans."
  3. Bergan, Ronald (6 de febreiro de 2002). "Harold Russell; Brave actor whose artificial hands helped him win two Oscars". The Guardian. Consultado o 5 de febreiro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]