A calumnia
| A calumnia | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
A calumnia (en inglés: The Children's Hour, tamén chamado The Loudest Whisper no Reino Unido) é un filme estadounidense de 1961 de William Wyler. O guión foi escrito por John Michael Hayes, e baséase na obra homónima de Lillian Hellman. Está protagonizado por Audrey Hepburn, Shirley MacLaine e James Garner.
Estreouse en galego o 23 de novembro de 1994 a través da TVG.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Karen e Martha son dúas amigas e socias que dirixen a escola Dobie-Wright, escola privada para rapazas. Karen está prometida co doutor Joe Cardin, con que pretende casar axiña, aínda que Martha, que non quere estar soa á fronte da escola, insiste en que atrase a voda.
Unha alumna rancorosa e vingativa, ofendida por un castigo que recibiu, oe por casualidade un comentario e emprégao distorsionándoo ante a súa avoa, acusando ambas as profesoras de seren amantes. O escandaloso rumor esténdese rapidamente entre os pais e os titores, e en vinte e catro horas a escola queda sen alumnas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Shirley MacLaine como Martha Dobie
- Audrey Hepburn como Karen Wright
- James Garner como Dr. Joseph "Joe" Cardin
- Miriam Hopkins como Lily Mortar
- Fay Bainter como Mrs. Amelia Tilford
- Karen Balkin como Mary Tilford
- Veronica Cartwright como Rosalie Wells
- Mimi Gibson como Evelyn
- William Mims como Mr. Burton
- Sally Brophy como Mrs. Wells
- Hope Summers como Agatha
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 23 de novembro de 1994. Páx. 71
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A calumnia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Balio, Tino (1987). United Artists: The Company that Changed the Film Industry. Univ of Wisconsin Press. ISBN 978-0-299-11440-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A calumnia na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)