Samuel Goldwyn
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de agosto de 1882 Varsovia |
| Morte | 31 de xaneiro de 1974 Os Ánxeles |
| Causa da morte | doenza |
| Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
| Actividade | |
| Ocupación | produtor de cinema, escritor |
| Período de actividade | 1917 |
| Compañeiro profesional | Louis B. Mayer Marcus Loew |
| Familia | |
| Cónxuxe | Frances Howard (1925–1974) |
| Fillos | Samuel Goldwyn Jr. |
| Parentes | Tony Goldwyn |
| Premios | |
| |
Schmuel Gelbfisz, coñecido como Samuel Goldwyn, nado en Varsovia o 17 de agosto de 1879[1] e finado nos Ánxeles o 31 de xaneiro de 1974 foi un produtor de cinema estadounidense de orixe polaca, fundador da compañía Metro-Goldwyn-Mayer.
Dotado de gran talento e inventiva, no seu case medio século de actividade produciu numerosos filmes de calidade, especialmente no xénero do melodrama e da comedia musical, sendo á súa vez descubridor de grandes talentos, tanto na dirección (Cecil B. DeMille ou William Wyler) como na interpretación (Gary Cooper, David Niven, Danny Kaye, Lili Damita ou Eddie Cantor).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Goldwyn naceu en Varsovia nunha familia xudía hasídica. Os seus pais foron Aaron Dawid Gelbfisz (1852-1895), vendedor ambulante, e a súa esposa Hanna Reban (de solteira Jarecka; 1855-1924).[2] De moi novo abandonou Varsovia a pé e sen cartos. Viaxou a Birmingham, onde permaneceu con familiares durante uns anos usando o nome de Samuel Goldfish. Tiña dezaseis anos cando morreu o seu pai.
En 1898 emigrou aos Estados Unidos, mais temendo ser rexeitada a súa entrada, atracou en Nova Scotia, Canadá, antes de mudarse ao estado de Nova York en xaneiro de 1899. Atopou traballo en Gloversville, Nova York, no negocio da roupa. Axiña o seu talento para o márketing converteuno nun vendedor de éxito en Elite Glove Company. Tras catro anos, como vicepresidente de vendas, instalouse en Nova York.[3]
En 1913, xunto co seu cuñado Jesse L. Lasky, Cecil B. DeMille e Arthur Friend formou unha compñía, The Jesse L. Lasky Feature Play Company, para producir longametraxes.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samuel Goldwyn |