Olivia de Havilland
Olivia Mary de Havilland, nada en Tokyo o 1 de xullo de 1916 e finada en París o 26 de xullo de 2020, foi unha actriz de cinema británica, nacionalizada estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Tokyo de pais británicos, pois o seu pai foi profesor de inglés nesa cidade. Súa nai, actriz de teatro, deixou a interpretación ao marchar ao Xapón, pero volvería ao teatro tralo éxito das súas fillas. A familia instalouse logo en California, pero o pai abandonounos e volveu ao Xapón.
Tras actuar en varias obras teatrais, debutou no cinema con A Midsummer Night’s Dream, con boas críticas, o que a levou ao papel protagonista de Capitán Blood, co entón descoñecido Errol Flynn. O éxito da parella levounos a facer outras sete películas xuntos.
Nos seguintes anos tivo grandes éxitos, coma Foise co vento, ou os dous filmes cos que gañou o Óscar á mellor actriz, To Each His Own e The Heiress.
Desde os anos cincuenta os seus traballos foron máis esporádicos.
Á súa irmá máis nova era a actriz Joan Fontaine, tamén gañadora do Óscar.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1935 | Alibi Ike |
| 1935 | The Irish in Us |
| 1935 | A Midsummer Night’s Dream |
| 1935 | Capitán Blood |
| 1936 | Anthony Adverse |
| 1936 | A carga da brigada lixeira |
| 1937 | Call It a Day |
| 1937 | It’s Love I’m After |
| 1937 | The Great Garrick |
| 1938 | Gold Is Where You Find It |
| 1938 | As aventuras de Robin Hood |
| 1938 | Four’s a Crowd |
| 1938 | Hard to Get |
| 1939 | Wings of the Navy |
| 1939 | Dodge City |
| 1939 | The Private Lives of Elizabeth and Essex |
| 1939 | Foise co vento |
| 1939 | Raffles |
| 1940 | My Love Came Back |
| 1940 | O camiño de Santa Fe |
| 1941 | The Strawberry Blonde |
| 1941 | Hold Back the Dawn |
| 1941 | Morreron coas botas postas |
| 1942 | The Male Animal |
| 1942 | In This Our Life |
| 1943 | Thank Your Lucky Stars |
| 1943 | Princess O'Rourke |
| 1944 | Government Girl |
| 1946 | To Each His Own |
| 1946 | Devotion |
| 1946 | The Well-Groomed Bride |
| 1946 | A través do espello |
| 1948 | The Snake Pit |
| 1949 | The Heiress |
| 1952 | My Cousin Rachel |
| 1955 | That Lady |
| 1955 | Not as a Stranger |
| 1956 | The Ambassador's Daughter |
| 1958 | O rebelde orgulloso |
| 1959 | Libel |
| 1962 | The Light in the Piazza |
| 1964 | Lady in a Cage |
| 1964 | Hush… Hush, Sweet Charlotte |
| 1970 | The Adventurers |
| 1972 | Pope Joan |
| 1977 | Airport '77 |
| 1978 | O enxame |
| 1979 | The Fifth Musketeer |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olivia de Havilland |