William Marks Simpson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Marks Simpson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Morte1958 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarjorie Emory Simpson

William Marks Simpson, nado en Norfolk, Virxinia, o 24 de agosto de 1903 e finado en Lexington, Virxinia, o 22 de outubro de 1958,[1] foi un escultor, gravador e deseñador de moedas estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

William Marks Simpson naceu en Norfolk o 24 de agosto de 1903,[2][3] fillo de Mary Lee Nunnally (1865-1949) e de William Marks Simpson (1855-1931).[4]

Simpson graduouse en Artes en 1924 no Instituto Militar de Virxinia, en Lexington, e acadou o mestrado en Artes na Escola de Escultura Rinehart,[3] do Instituto de Belas Artes de Maryland, en Baltimore, Onde tivo como mestres a J. Maxwell Miller, Hans Schuler e Herbert Adams, entre outros.[2] Logo foi merecedor dunha bolsa de estudos que lle permitiu completar a súa formación durante tres anos na Academia Americana en Roma, onde se diplomou en 1933.[1]

Durante a súa etapa en Italia creou, entre outras obras, un retablo sobre a Crucifixión en Villa Aurelia, Roma.[2] En 1930 foi recoñecido nesta cidade co presixioso Premio de Roma de escultura.[5]

Carreira artística e militar[editar | editar a fonte]

Ao seu regreso aos Estados Unidos, na década de 1930 Simpson estableceu un estudio artístico en Baltimore e volveu ai Instituto de Belas Artes de Maryland, nesa cidade,[2] como profesor e logo como director, cargo que exerceu ata 1941.[1]

Monumento de Simpson no Instituto Militar de Virxinia (1951).

Co estoupido da segunda guerra mundial alistouse como voluntario e serviu na Armada estadounidense no Pacífico entre 1942 e 1946. Neste período realizou varios traballos artísticos, entre os que destacan os da entrada do cuartel xeral da Armada en Honolulu, tamén os creados para o monumento conmemorativo da campaña de Guadalcanal, no cemiterio desta illa, capital das Salomón.[1] No Instituto Militar de Virxinia, en Lexington, creou, entre outros, un altorrelevo do xeneral E. W. Nichols.[2]

Finalizada a súa etapa militar, Simpson volveu á docencia, como profesor de Escultura e Historia da Arquitectura na Maury High School de Norfolk. En setembro de 1953 ingresou como profesor de Arte no Instituto Militar de Virxinia, en Lexington, posto que ocupou ata a súa xubilación en 1956.[1]

O 29 de xuño de 1937, William M. Simpson casou en Anne Arundel, Maryland, con Marjorie Tilghman Emory,[2] tamén artista e graduada na Escola de Escultura Rinehart,[6] que ao casar adoptou o nome de Marjorie Emory Simpson, co que se coñece como artista.[3][4]

Deseñador de moedas conmemorativas[editar | editar a fonte]

En 1936, a Roanoke Memorial Association encomendoulle a William M. Simpson o deseño dunha moeda de medio dólar conmemorativa do 350 aniversario do establecemento da colonia de Roanoke, en Carolina do Norte, que fora autorizada polo Goberno. En setembro dese ano, Simpson enviou os seus primeiros esbozos á Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos e o deseño final concluíu no mes de decembro.[7] A moeda, que foi cuñada en 1937, amosa no anverso un busto do mariño e explorador Walter Raleigh, e no reverso unha imaxe dunha poboadora inglesa da colonia co seu fillo no colo, o primeiro nado nese territorio.[8] A modo de marca de gravador, William Marks Simpson engadiu as súas baixo o busto do anverso un monograma conformado coas súas siglas: MWS.[9]

William e a que pouco despois sería a súa esposa, Marjorie Emory Tilghman, foron contratados en conxunto en 1936 pola Norfolk Advertising Board para se encargaren do deseño e o gravado dunha nova moeda de medio dólar, conmemorativa do Bicentenario de Norfolk, Virxinia. A parella de artistas enviou á Comisión de Belas Artes as súas primeiras propostas en setembro dese mesmo ano,[10] mais o deseño final, caracterizado polo Selo de Norfolk no anverso e a maza cerimonial da cidade no reverso, non se completou ata o ano seguinte. Aínda que a moeda amosa a data de 1936 —a data do bicentenario—, a cuñaxe non se produciu ata 1937.[6] Nesta ocasión, a marca do gravador aparece no reverso e o monograma de Simpson é máis complexo, ao engadir un E, a letra que faltaba para incluír como coautora a súa esposa, Marjorie Emory Simpson.[11]

En 1937 Simpson foi contratado novamente, esta vez en solitario, pola Washington County Historical Society de Hagerstown, Maryland, para se encargar do deseño e o gravado dunha nova moeda de medio dólar, que nesta ocasión conmemoraba o 75 aniversario da Batalla de Antietam. O deseño de Simpson baseouse nos bustos dos xenerais George B. McClellan e Robert E. Lee no anverso, e a ponte Burnside de Antietam, escenario do enfrontamento con máis baixas de toda a guerra civil estadounidense.[12] Nesta terceira moeda, Simpson recupera o seu monograma individual (MWS), que se amosa no anverso, baixo o truncamento do ombreiro do xeneral Lee.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "W. M. Simpson, Noted Sculptor, Dies". En The V.M.I. Cadet. 24 de outubro de 1958. Páxinas 1-2.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Simpson, William Mark". En Bowers, Q. D. (1991). Páxina 727.
  3. 3,0 3,1 3,2 Smith, P. (2012).
  4. 4,0 4,1 "William Marks Simpson". FamilySearch.org
  5. Parramore, T. C. (2000). Norfolk: The First Four Centuries. University of Virginia Press, Charlottesville. ISBN 978-0-813-91988-1. Páxina 325: Sculptor William Marks Simpson Jr., a Norfolk native, was in 1930 awarded the Prix de Rome, one of the most coveted prizes in the plastic arts.
  6. 6,0 6,1 "1936 Norfolk Bicentennial half dollar". En Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 379-383.
  7. Taxay, D. (1967). Páxinas 227-231.
  8. "1937 Roanoke Half Dollar". En Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 415-418.
  9. "½ Dollar Roanoke Island". Numista.com
  10. Taxay, D. (1967). Páxina 242.
  11. "½ Dollar Norfolk". Numista.com
  12. "1937 Antietam Half Dollar". En Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 411-414.
  13. "½ Dollar 75th anniversary of the Battle of Antietam". Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]