Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19

Engadir textos noutras linguas en artigos[editar a fonte]

Non sei se está contemplado, aínda que non o vin pero engadir textos noutras linguas en artigos existentes debería estar entre as cousas que non se poden facer, e que se debería reverter de inmediato, agás que fosen textos para traducir inmediatamente, xa que de deixalos no texto ao final despois de meses e sobre edicións posteriores o que se consegue é unha especie de pastiche que é difícil de arranxar e que xa non se pode reverter a non ser que desfagamos edicións válidas doutros usuarios que contribuíron lexitimamente.--Cheluco 10:39, 23 de xaneiro de 2011 (UTC)

Artigos sobre castros[editar a fonte]

Revisando e ampliando o artigo Castros de Galicia estou vendo que se aplicamos a actual convención sobre nomes de artigos imos ter problemas cando se vaian escribindo os artigos correspondentes a cada un dos castros. Está claro que cun título como Castro de Baroña non hai problema ningún, pois non hai máis que o da parroquia de Baroña, en Porto do Son. Outra cousa será cando existan Castro de Pena (Arzúa) ou O Castro (agora unha páxina de homónimos), ou Castro da Medoña (dous na Laracha), Castro das Croas (dous en Arteixo), Castro de Castelo (dous en Arteixo), Castro de Castromaior (Cambre e Compostela), Castro de Corredoiras (Boimorto e Sobrado), Castro de Gosende (Cambre e Outes), Castro de Lourido (Laxe e Lousame), Castro de San Román (A Laracha e Oroso), Castro de Socastro (Rois e Sobrado), Castro de Vigo (Arteixo e Cambre), Castro do Castro (dous en Aranga). Engadir no título o nome do concello tampouco axudaría, pois hai castros dacabalo de varios concellos, como o Castro Lupario (entre Brión e Rois) e outros cuxo nome se repite no mesmo concello e ás veces na mesma parroquia (como os dous O Castro ou os dous Os Castros, en Boimorto, e que agora son dúas páxinas de homónimos). En fin, os posibles exemplos son infinitos, e máis o serán a medida que a listaxe se vaia completando. O que non teño claro é como artellar unha convención de títulos coherente. Supoño que unha boa idea sería imitar o criterio empregado nos artigos sobre ríos, ós que só en caso de confusión se lles engade o nome do río/ría/mar ó que aflúen. Agora hai milleiros de artigos potenciais sobre castros sen crear, pero tamén moita información dispoñible (algo disto explico a continuación na Taberna (xeral)) que non vai poder tomar forma mentres non se amañe este asunto. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:54, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

Son da opinión de manter o Castro de tal sitio e no caso de confusión Castro de tal sitio, Tal sitio 1 e Castro de tal sitio, Tal sitio 2. É dicir, de aplicar o criterio dos ríos. Canto ao que explicaba Xoacas na Taberna (xeral) sobre as actuacións habituais da Consellaría de Cultura / Brigadas de Destrución Identaria, velaí unha razón máis para ir incorporando todos os contidos que poidamos a esta enciclopedia libre. En fin, a seguir na mesma. --Atobar (conversa comigo) 11:02, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Política sobre votacións[editar a fonte]

Gustaríame propoñer un par de pequenas modificacións no relativo á política actual sobre votacións, concretamente nos apartados relativos á elección de artigos destacados e de calidade e de fotos da semana. As propostas son as seguintes:

  • Que só sexan válidas as propostas de votación para elixir artigos destacados, de calidade e fotos da semana feitas por usuarios distintos do seu autor ou do seu editor principal.
  • Que nas votacións para elixir artigos destacados, de calidade e fotos da semana non poida participar o usuario que sexa o seu autor ou que sexa claramente o seu editor principal.

Non sei se corresponde abrir unha quenda de discusión ou pasar directamente á votación. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:52, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Comentarios
  • Comentario Plenamente de acordo coa primeira proposta -que sempre pensei que xa se aplicaba- pero non entendo ben a segunda: que non poida participar o usuario exclúe a discusión, os comentarios, explicacións que o autor queira facer? Se pecha esta posibilidade, non podo estar de acordo; se segue aberta, non entendo en qué se diferencia o segundo punto do primeiro. Pedro --Lameiro (conversa) 13:06, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
A miña proposta refírese exclusivamente á emisión do voto, non á participación no debate que poida xurdir arredor da votación. Se cadra é posible mellorar a redacción. A diferencia co primeiro punto estriba, sobre todo, en quen fai a proposta. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:43, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
Entón, suxiro engadir na segunda proposta algo así como: "Esta limitación só afecta á emisión do voto, e non impide ó autor ou o editor principal participar na discusión nin facer os comentarios ou explicacións que crea oportunos". Pedro --Lameiro (conversa) 14:38, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • Paréceme un pouco esvaradiza a cláusula "claramente o seu editor principal". Hai artigos onde dous usuarios, case a partes iguais, sexan os redactores completos dun artigo. Habería que aclarar máis esa afirmación. --Alberte Si, dígame? 15:56, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Comprendo o teu pero. Algunha suxestión? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:04, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Hmm, tomar un editor como claramente principal en base a un determinado número de caracteres ou unha porcentaxe superior a (poñamos por caso) o 50% dos caracteres do artigo non acabo de velo. O que se me ocorre é algo así como que un editor é claramente o principal, e non pode votar polo seu artigo, cando aparte das súas edicións o resto son de tipo cosmético. Penso que todos entendemos o que son as edicións cosméticas, as que corrixen pequenos detalles, ortografía, ligazóns, posición das imaxes etc. O caso é que isto non soluciona o tema de dous ou tres editores principais a partes case iguais. Eu aplicaría o tema cando o editor principal só é un. --Alberte Si, dígame? 16:09, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Non sei se entendo a túa obxección. Poderías poñer algún exemplo que a ilustre? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:46, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Penso que non está claro aínda quen é un editor principal. Habería que establecer un umbral claro. O dos caracteres que propón Alberto non me parece mala idea, sempre e cando sexa tecnicamente viable, pero establecería unha porcentaxe maior para excluílo do dereito ao voto. --Paradanta (Cóntame) 20:36, 4 de marzo de 2011 (UTC)

Borrado "ilegal" de Daína Chaviano[editar a fonte]

Boas! O artigo Daína Chaviano foi borrado violando as normas sobre votacións para borrar. Para borrar un artigo debe ter un mínimo de 5 votos que representen os 2/3 do total de votos emitidos. Na votación vese que só apoiaron o seu borrado 4 usuarios. Xa que logo, o seu borrado é ilegal. Quede claro que non estou a acusar a ninguén, dou por suposto que foi por despiste ou descoñecemento, pero, á vista das normas, é incuestionable que foi borrado de xeito irrespectuoso coas mesmas. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 20:27, 4 de marzo de 2011 (UTC)

A non ser que o artigo se considerara spam, como parece que así foi por catro usuarios que votaron (mais o administrador que borrou a páxina, cinco en total). Entón entra dentro dos motivos para Eliminación rápida. O que si se debería e pechar as votación cando se eliminan as páxinas.--. HombreDHojalata.conversa 22:12, 4 de marzo de 2011 (UTC)
Segundo se le en spam este é un sistema polo que se poden borrar páxinas inmediatamente sen pasar polo sistema de votacións de páxinas para borrar. Xa que logo, dende o momento en que se abriu a votación, quere dicirse que xa non lle era de aplicación o procedemento de eliminación rápida, e pasa a serlle de aplicación o disposto en Wikipedia:Votacións para borrar. O que comentas do administrador non vale, porque non votou, limitouse a borrar o artigo. O respectuoso coas normas sería recuperar o artigo (se se pode facer) e logo, se se chega aos cinco votos, borralo de novo.
É importante tamén o que comentas do peche das votacións. Non podemos manter unha votación aberta indefinidamente ata que acade o número de votos que interese. Debería haber un tope límite de tempo.
É importante respectar escrupulosamente as políticas de votacións da Galipedia sen excepcións. Con que lexitimidade, por exemplo, lle poderemos negar o voto a un usuario acabado de rexistrar que aínda non cumpre cos requisitos para facelo, se nós mesmos, administradores e usuarios activos, non respectamos as normas?
Grazas pola túa resposta, HombreDHojalata. Agardo que máis xente se pronuncie, sobre todo Atobar, porque penso que isto é importante. --Paradanta (Cóntame) 11:14, 5 de marzo de 2011 (UTC)

Neste caso Paradanta falou como un libro aberto. Conste que ó meu parecer o artigo non podía seguir na Galipedia, pero para que se cumpra hai que cumprir. Concordo coa proposta de recuperar o artigo e abrir nova votación. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:07, 5 de marzo de 2011 (UTC)

Non coñezo a historia do artigo e non sei si había que borralo directamente ou non, pero o que está fora de dúbida é que as normas están para respectalas. Por outra banda, non sei como foi a cronoloxía dos feitos e tampouco coñezo o detalle da política, pero como comenta HombreDHojalata, ¿non se pode dar o caso de que alguén comece un proceso de votación de borrado e que cando chegue un bibliotecario, ou outro usuario, e revise o artigo considere que é de borrado rápido?. Todo é revisable e mellorable nesta wiki, incluso unha votación de borrado dubidosa, ¿non?.

O que comenta Paradanta do límite das votacións si que é importante e eu xa atopei un par de casos nos que falla este detalle. Penso que habería que darlle un repaso a ese tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:29, 6 de marzo de 2011 (UTC)

Vou ir ao argumento fácil, baseado nos cinco piares: A wikipedia é unha enciclopedia neutral, libre e cunhas normas de conduta, pero non ten regras fixas (amais destes cinco piares). Isto é, ás veces hai que recorrer a excepcións. Isto xa ten pasado noutras ocasións, por exemplo a elección de imaxes da semana con catro votos.
No caso concreto do artigo de Daína Chaviano, concordo completamente no de que é necesario pechar as votacións, pero non creo que fose necesario acadar os cinco votos porque ben podía ser borrado directamente.
Ben sei que a intención de Paradanta non é crear polémica, e paréceme moi ben que se discuta isto. Na miña opinión, non creo que haxa que ser exquisitos e escrupulosos no cumprimento de certas normas. Somos unha comunidade, non un politburó ou un comité central, e podemos e debemos chegar a acordos e ser laxos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:27, 7 de marzo de 2011 (UTC)
Se mo permites, vou facer un par de obxeccións ao teu argumentario, Estevoaei:
1. Non é o mesmo escoller unha imaxe da semana que borrar un artigo en pleno proceso de votación. O segundo caso, ao meu xeito de ver, é máis delicado, e cómpre respectar o estipulado para as votacións. En todo caso, as excepcións débense basear en acordos previos e non nunha decisión unilateral, que foi o que aconteceu.
2. Quizais non haxa que ser exquisitos no cumprimento de certas normas, pero o borrado dun artigo en pleno proceso de votación require un respecto escrupuloso do mesmo. Se se pretende o seu borrado directo, débese acudir ao procedemento de eliminación rápida, que xa constitúe unha excepción en si mesmo. Porén, dende o momento en que se abre a votación, cómpre respectar as normas que haxa sobre ela, sobre todo cando na mesma votación non había consenso (lembro que había 4 votos a favor do borrado e 1 en contra).
Polo demais, non vou facer desta cuestión un dogma de fe. Pero sigo pensando que se obrou de xeito non correcto. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 23:36, 7 de marzo de 2011 (UTC)
  • Dúas aclaracións: En primeiro lugar, o artigo e todo o historial pódense recuperar perfectamente. E segundo, se é certo que o artigo era de eliminación rápida, mesmo coa votación iniciada, este debía borrarse o antes posible. No caso de que se iniciase a votación (así foi) e non cumpría, a votación péchase inmediatamente (sen respectar os prazos) e desbótase igualmente o artigo. --Toliño Fala aquí comigo 12:43, 8 de marzo de 2011 (UTC)
E, sen embargo, o artigo Seresco, con 7 votos a favor do seu borrado aínda non foi borrado, e este, con só 4, xa o foi. Por que? Quen ou que determina a diferenza entre un artigo e outro? Ademais, e insisto por terceira vez, polo que leo en eliminación rápida esta exlúe a votación. Se esta ten lugar, aquela xa non é de aplicación. Esta, e non outra, é a auténtica clave do asunto.
Sinceiramente, a política de votación sobre borrado é un auténtico caos. --Paradanta (Cóntame) 14:14, 8 de marzo de 2011 (UTC)
  • O fallo foi por despiste. Por despiste de non incluír o meu voto, o quinto, que validaría. Por outra banda, se hai outros artigos sen borrar é porque todos estamos a todo, e ese día cadroume chegar até ese artigo e reparar en que era de borrado. Se chego a caer no anterior, o de Seresco, seguramente tamén o tería borrado. Canto da política de borrados, non creo que sexa un caos. En todo caso, houbo tempo, tempo e máis tempo para pronunciarse na páxina de conversa mentres estaba a ser elaborada. Conclusión: perdón polo despiste (e por non ter pechado a votación) e entendo que o borrado si está ben feito; ademais penso que era de eliminación rápida. --Atobar (conversa comigo) 11:44, 9 de marzo de 2011 (UTC)

Política de elección de burócratas[editar a fonte]

Agora que xa rematou a votación para a elección dun novo burócrata, penso que sería boa idea propoñer ampliar a política existente de Wikipedia:Elección de administradores para que pase a ser a de elección de administradores e burócratas. Na práctica, a falta dunha política específica para a elección de burócratas, estase seguindo a que hai para elección de administradores. Aínda que esta solución caseira non provocou ningún conflito, rexer as eleccións de burócratas polos mesmos principios que a de administradores é unha irregularidade. A miña proposta e aplicar formalmente as mesmas regras a unhas e a outras. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:22, 6 de abril de 2011 (UTC)

Unha dúbida[editar a fonte]

Unha dúbida referente ó formato dos artigos, que supoño que estará nalgunha normativa da Galipedia, pero non puiden atopala; eu chámolle a unha referencia, a unha ligazón que aporta claridade ou máis información, a cal está accesible fora do artigo 'X' e Nota considero que é unha aclaración ou pequena explicación que está accesible dentro dese artigo 'X', cunha sección propia para Notas e outra para Referencias (evidentemente); dende algún tempo veño observando que me cambian o título de Referencias polo de Notas, non digo que estea mal, é unha simple convención, pero daquela cando fago a sección Notas (véxase o artigo Haumea (planeta anano)), que debo poñer? cal é a norma ó respecto? é que non puiden atopar nada que mo aclarase ... --Xabier Cancela (fálame) 05:53, 17 de xullo de 2011 (UTC)

Na Galipedia metemos no apartado único "notas" todo o que mencionas. Penso que todo ten cabida nel. Tes máis info en WP:LE--. HombreDHojalata.conversa 10:15, 17 de xullo de 2011 (UTC)

Home, eu sempre vin esta dúbida coma dúas seccións, en case tódalas outras wikis son seccións distintas e de feito unhas son ligazóns e outra unha especie de pequena aclaración, non me sucede moi a miúdo o de usar esas notas ou aclaracións, pero as veces pasa e na ligazón que me deches so fala de referencias ... a ver se alguén comenta algo máis.--Xabier Cancela (fálame) 17:56, 17 de xullo de 2011 (UTC)

  • Xabier, eu creo que a ligazón que achega HombreDHojalata é bastante completa. En gl.wiki xuntamos notas e referencias, e pódese perfectamente; de feito, deixa o artigo na miña opinión moito máis limpo. Se tes algunha dúbida concreta, comenta onde e cal e tratamos de darlle saída. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:20, 17 de xullo de 2011 (UTC)
  • Nesa ligazón non se fala de notas, só das referencias típicas; non teño ningún problema en que todo vaia a unha sección, agora, non queda máis limpo, entre outras cousas por que esas aclaracións (notas ou coma queiramos chamarlle) irian parar ó medio dunha man chea de referencias, a cales non importa moito o pequenas que sexan, xa que un preme nelas para acceder ó contido 'real' sen sequera pararse a lelas, pero unha desas aclaracións, se van parar ó medio das referencias, o lector tería que afociñarse contra a pantalla do ordenador para saber que é o que pon esa aclaración-nota, a cal non é unha referencia a unha documentación-información externa; eu con todo nos seguintes artigos que traduza, xuntareinas, pero creo que a administración da Galipedia debería ter en conta esta 'particularidade' no formato dos artigos, xa que nos artigos de 'ciencia' as aclaracións-notas sobre formulas usadas, métodos, ect ... son usadas con máis frecuencia que nos artigos de 'letras' (permítaseme a expresión), por riba estes casos danse aínda un pouco máis en artigos grandes con moitas referencias, nos cales ó meu pensar é aínda máis importante acceder a estas notas-aclaracións do xeito máis sinxelo, limpo e práctico posible; para entender mellor o que vos estou a dicir, collede o artigo Haumea (planeta anano) e metede as notas coma se fosen unhas referencias casqueira, e despois mirade se teñen a mesma utilidade estando no medio das demais referencias típicas. Sei con todo que esta particularidade só acontece (normalmente) en artigos grandes de 'ciencia', pero sei que me vou ver outra vez con esta particularidade en canto faga a tradución doutro artigo 'grande', e non quería que ter dúbidas e que a administración lle botase un ollo detidamente.--Xabier Cancela (fálame) 17:08, 18 de xullo de 2011 (UTC)
  • A Wikipedia en francés (w:fr:Aide:Note) fai igual ca Galipedia : xuntanse esplicaciòns e a cita de fontes, esta explicito na cabeceira da pàxina. Igual na wiki en español "A continuación de la sección Véase también, comienza la sección titulada Notas y referencias. La función de esta sección es desplegar las notas al pie que hayan sido insertadas en el cuerpo del artículo mediante las etiquetas <ref> y <nowiki></ref>. Dichas notas se utilizan para citar los trabajos que justifican las afirmaciones particulares del artículo, así como para insertar las notas aclaratorias que hubieran sido incómodas de incluir dentro del texto principal. eiqui.
Os administradores teñen o cargo de fazer respectar as normas (o que temos que fazer todos, iles teñen "botos" para actuar cando é necesario "tecnicamente", ò que é unha grande responsabilidade) si o WP:LE necesita que sexa maìs claro é a comunidade que toma descisiòns. Tamén é a comunidade que pode aceptar excepcións cando estàn xustificadas. Polo de momento tés dous administradores (. HombreDHojalata e Atobar) que entenden o WP:LE xuntando as dùas cousas. Eu concordo à 100% co dito por Atobar --Elvira (conversa comigo) 23:47, 19 de xullo de 2011 (UTC)

Wikipedia:O que é un artigo de calidade[editar a fonte]

Propuxen un cambio nos criterios dos artigos de calidade na páxina de conversa, penso que é mellor que se fale alí sobre o tema xa que é o sitio afectado, pero aviso aquí por se alguén non se decata do choio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:40, 16 de novembro de 2011 (UTC)

A norma de non publicación de artigos sobre amigos[editar a fonte]

Boas a todas e todos, a miña motivación para estar na Galipedia é dupla. Por unha banda a proposta de GalegoLab de chegarmos aos 100000 artigos na Galipedia e, por outra, escribir un artigo sobre o pai da miña nai. Tamén pensei que podería escribir un sobre a miña irmá. Mais ao entrar na Galipedia vin que non se poden escribir artigos sobre amigos.

Eu penso que son de interese para a Galipedia tanto o meu avó como a miña irmá. Meu avó, Jose Caldas Iglesias, era concelleiro do Concello de Vigo no 1936 e foi fusilado xunto ao resto da corporación e pensei en que podía pedirlle os datos á miña nai e facer un artigo na Galipedia de memoria histórica. Por outra banda, miña irmá Mar Caldas si está na EGU, mais non na Galipedia e penso que podería facer un artigo máis completo que o que hai na EGU.

O conto é, para non infrinxir esta norma, como é que se fai nestes casos nos que si tes a posibilidade de achegar información para facer un artigo de calidade: pasarlle a información a outra persoa editora da Galipedia?

Un saúdo,

Begoña —o anterior comentario sen asinar foi feito por Imolavirando (conversacontribucións) o 27 de decembro de 2011 ás 23:15

Ola, Begoña. Benvida! :) Hai dous problemas. Dunha banda, que efectivamente ti non deberías facer os seus artigos, aínda que fosen persoas de recoñecido prestixio. A razón é que escribir artigos necesita de neutralidade e desapego... e ti non os vas poder ter. Por outra, as fontes que se empreguen na wikipedia teñen que ser verificables, é dicir, pode vir outro editor despois ca ti, ir á mesma fonte, e comprobar que o que achegas é correcto. Se o que ti contas non ten datos que o apoien máis cá información oral, ninguén podería contrastalo. Non sei se me explico. Iso non quita que a túa intención sexa a mellor... pero... hai moita xente que tamén tenta facer isto con non boas intencións. O que se me ocorre como solución: non fagas estes artigos; seguro que alguén os fará. Pero hai moitos milleiros de artigos nos que seguramente podes ser moi interesante e importante. Anímate a ir por eses. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:29, 27 de decembro de 2011 (UTC)
OK Xa os creo eu. --Xas (conversa) 23:15, 27 de decembro de 2011 (UTC)