Buddy Hield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buddy Hield
Philadelphia 76ers – No. 17
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 17 de decembro de 1992 (31 anos)
Freeport
Nacionalidade Bahamas
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto Sunrise Christian Academy
(Bel Aire, Kansas)
Universidade Oklahoma (2012–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por New Orleans Pelicans
Carreira desde 2016
Historial de equipos
New Orleans Pelicans (2016–2017)
Sacramento Kings (2017–2022)
Indiana Pacers (2022–2024)
Philadelphia 76ers (2024–presente)

Chavano Rainer "Buddy" Hield, nado o 17 de decembro de 1992 en Freeport, é un xogador de baloncesto profesional bahamés que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2016, Hield foi seleccionado na sexta posición do Draft da NBA de 2016 polos New Orleans Pelicans.[1] O 22 de xullo de 2016 asinou cos Pelicans o seu contrato de rookie.[2]

O 20 de febreiro de 2017, Hield foi traspasado xunto a Tyreke Evans, Langston Galloway e dúas eleccións do Draft de 2017 ós Sacramento Kings, a cambio de DeMarcus Cousins e Omri Casspi.[3] Debutou cos Kings tres días máis tarde, anotando 16 puntos na vitoria sobre os Denver Nuggets.[4]

O 8 de febreiro de 2022, Hield foi traspasado xunto a Tyrese Haliburton e Tristan Thompson ós Indiana Pacers, a cambio de Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[5]

O 8 de febreiro de 2024, os Pacers traspasaron a Hield ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os San Antonio Spurs.[6] O día seguinte, Hield debutou cos Sixers facendo 20 puntos e 6 asistencias na derrota por 127–121 contra os Atlanta Hawks.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reid, John (23 de xuño de 2016). "New Orleans Pelicans select Buddy Hield with 6th overall pick in 2016 NBA Draft". NOLA.com. Consultado o 23 de xuño de 2016. 
  2. "Pelicans Sign 2016 First Round Draft Pick Buddy Hield". NBA.com. 22 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xullo de 2016. 
  3. "Kings Acquire Hield, Evans, Galloway, and 2017 Draft Selections". NBA.com. 20 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  4. "Cauley-Stein scores 29, Kings beat Nuggets 116-100". ESPN.com. 23 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  5. "Kings Acquire Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb and 2023 Second-Round Draft Selection". NBA.com. 8 de febreiro de 2022. 
  6. "Buddy Hield Acquired by 76ers in Three-Team Trade". NBA.com. 8 de febreiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de 2024. 
  7. DiGiovanni, Sam (9 de febreiro de 2024). "Buddy Hield, Cam Payne react to first game with 76ers". ClutchPoints.com. Consultado o 9 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]