Georgios Papagiannis
![]() | |
Panathinaikos – No. 6 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1997 (25 anos)![]() |
Altura | 2,21 m (7 ft 3 in) |
Peso oficial | 110 kg (242 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Westtown School (Pensilvania) American School (Atenas) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 13 Por Phoenix Suns |
Carreira | 2012−presente |
Historial de equipos | |
Peristeri (2012–2013) Panathinaikos (2014–2016) Sacramento Kings (2016–2018) Portland Trail Blazers (2018) Panathinaikos (2018–presente) |
Georgios Papagiannis (en grego: Γιώργος Παπαγιάννης), nado o 3 de xullo de 1997 en Marusi, Atenas, é un xogador grego de baloncesto profesional que xoga no Panathinaikos BC da A1 Ethniki.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Papagiannis debutou coma profesional no Peristeri BC o 5 de xaneiro de 2012 con tan só 14 anos, nun partido da A1 Ethniki contra o Panathinaikos.[1] O 25 de xuño de 2014, Papagiannis asinou co Panathinaikos.[2]
O 23 de xuño de 2016, Papagiannis foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Phoenix Suns. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Sacramento Kings.[3] Debutou na NBA o 5 de novembro de 2016 na derrota dos Kings contra os Milwaukee Bucks por 117-91.[4]
O 8 de marzo de 2018, Papagiannis asinou un contrato de dez días cos Portland Trail Blazers,[5] e ó remate deste, o 18 de marzo, asinou cos Blazers un contrato por dous anos.[6]
O 20 de xullo de 2018, Papagiannis asinou de novo co Panathinaikos, asinando co equipo grego un contrato de cinco anos.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "ESAKE.gr Day 11". Esake.gr. Consultado o 9 de xuño de 2012.
- ↑ "Panathinaikos and Papagiannis reach agreement". PAOBC.gr. 25 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014.
- ↑ "Kings Announce Draft-Night Trade". NBA.com. 23 de xuño de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2016.
- ↑ "Kings vs. Bucks – Box Score". ESPN.com. 5 de novembro de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2016.
- ↑ "Trail Blazers Sign Georgios Papagiannis To 10-Day Contract". NBA.com. Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ Trail Blazers sign Georgios Papagiannis through 2018-19.
- ↑ Panathinaikos brings Papagiannis home.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 11 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)