Taurean Prince
![]() | |
Cleveland Cavaliers – No. 12 | |
Ala | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1994 (26 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 99 kg (218 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Earl Warren (San Antonio, Texas) |
Universidade | Baylor (2012–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Utah Jazz |
Carreira | desde 2016 |
Historial de equipos | |
Atlanta Hawks (2016–2019) → Long Island Nets (2016–2017) Brooklyn Nets (2019–2021) Cleveland Cavaliers (2021–presente) |
Taurean Waller-Prince, nado o 22 de marzo de 1994 en San Marcos, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 23 de xuño de 2016, Prince foi seleccionado na 12ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Utah Jazz. O 7 de xullo de 2016 foi traspasado ós Atlanta Hawks nun traspaso entre tres equipos.[1] Durante a súa tempada de rookie, foi asignado en varias ocasións ós Long Island Nets da NBA Development League.[2]
O 6 de xullo de 2019, Prince foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Brooklyn Nets, a cambio de Allen Crabbe, os dereitos do Draft de Nickeil Alexander-Walker e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2020.[3]
O 14 de xaneiro de 2021, Prince foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre tres equipos que mandou a James Harden ós Nets.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Hawks Acquire Draft Rights To Taurean Prince". NBA.com. 5 de xullo de 2016. Consultado o 5 de xullo de 2016.
- ↑ "2016-17 NBA Assignments". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2017.
- ↑ "BROOKLYN NETS ACQUIRE TAUREAN PRINCE AND 2021 SECOND ROUND DRAFT PICK FROM ATLANTA". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2019.
- ↑ "Brooklyn Nets Acquire James Harden". NBA.com. 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xaneiro de 2021.