Iowa Energy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iowa Energy
Información xeral
Fundación 2007
Historia Iowa Energy
NBA D-League: 2007-presente
Cores Púrpura, Laranxa, Vermello, Gris, Branco
                        
Localización
Cidade Des Moines, Iowa
Flag of Iowa.svg Iowa
Persoal
Adestrador Nick Nurse

Os Iowa Energy son un equipo da NBA Development League, fundado no ano 2007. Gañaron o campionato na tempada 2010-11. Xogan os seus partidos coma locais no Wells Fargo Arena.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo fixo un concurso para elixir o nome do equipo, onde as opcións eran Corncobs, Maize, River Rats, Scarecrows, e Thoroughbreds. [1] Con todo, o equipo anunciou máis tarde, que debido ao descontento xeral dos aficionados, ningún deses nomes ía ser o do equipo. O nome do equipo, Iowa Energy, e o logo foron anunciados o 29 de xuño de 2007.

O 23 de novembro gañaron o seu primeiro partido da historia, ao derrotar por 101-99 a Dakota. Gañaron aos Albuquerque Thunderbirds por 101-98 no seu primeiro partido na casa, diante de 8.842 aficionados, récord na liga. Máis tarde pasarían esa marca no 2º partido das Finais da D-League da tempada 2010-11 con 14.036 aficionados.

Na súa segunda tempada, deixaron de estar afiliados aos Miami Heat, substituíndo estes polos Phoenix Suns.

Na tempada 2009-10, conseguiron unha nova marca na liga con 37 vitorias na tempada regular, marca que conseguirían outra vez na seguinte tempada, a 2010-11.

Gañaron o seu primeiro campionato na historia da franquía na tempada 2010-11 ao gañar aos Rio Grande Valley Vipers en 3 partidos.

Tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada División Posición Vitorias Derrotas % Postempada
Iowa Energy
2007–08 Central 22 28 .440
2008–09 Central 28 22 .560 Perdida Rolda 1 vs. Dakota 114-109
2009–10 Leste 37 13 .740 Gañada Rolda 1 vs. Utah 2-1
Perdidas Semifinais vs. Tulsa 2-1
2010-11 Leste 37 13 .740 Gañada Rolda 1 vs. Utah 2-1
Gañadas Semifinais vs. Tulsa 2-0
Gañadas Finais da D-League vs. Rio Grande Valley 2–1
Tempada Regular 124 76 .620
Playoffs 9 6 .571

Xogadores[editar | editar a fonte]

Plantel actual[editar | editar a fonte]

Iowa Energy
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
A/AP 21 Flag of the United States.svg Ehambe, Moses 1.98 m (6 ft 6 in) 91 kg (200 lb) Oral Roberts
B/E 11 Flag of the United States.svg Ely, Shy 1.93 m (6 ft 4 in) 93 kg (205 lb) Evansville
A/AP Flag of the United States.svg Garcia, Charles 2.06 m (6 ft 9 in) 100 kg (220 lb) Seattle
B/E 13 Flag of the United States.svg Hannah, Stefhon 1.85 m (6 ft 1 in) 79 kg (175 lb) Missouri
A/AP 32 Flag of the United States.svg Haynes, Michael 2.01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) Fordham
A/AP 24 Flag of the United States.svg Robinson, Stanley 2.06 m (6 ft 9 in) 98 kg (215 lb) Connecticut
B/E 10 Flag of the United States.svg Stinson, Curtis 1.91 m (6 ft 3 in) 98 kg (215 lb) Iowa State
B/E 23 Flag of the United States.svg Taylor, Kenny 1.91 m (6 ft 3 in) 86 kg (190 lb) Texas
P 42 Flag of the United States.svg Vandermeer, Scott 2.13 m (7 ft 0 in) 118 kg (260 lb) Illinois-Chicago
Adestrador
Asistente(s)
Adestrador(es) atlético(s)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido

(NBA) Asignado a equipo NBA

  • Injured Lesionado

CadroTransaccións
Actualizado: 27-01-2011


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]