Paul Zipser
![]() | |
FC Bayern München – No. 16 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1994 (29 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 103 kg (226 lb) |
Posición | Ala |
Liga | Basketball Bundesliga |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 2 / Elección: 48 Por Chicago Bulls |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
USC Heidelberg (2010–2012) Bayern München (2013–2016) Chicago Bulls (2016–2018) → Windy City Bulls (2016–2018) San Pablo Burgos (2019) Bayern München (2019–presente) |
Paul Victor Louis Zipser, nado o 18 de febreiro de 1994 en Heidelberg, é un xogador alemán de baloncesto profesional que xoga no FC Bayern München da Basketball Bundesliga.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 23 de xuño de 2016, Zipser foi seleccionado na 48ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Chicago Bulls.[1] O 15 de xullo de 2016, Zipser asinou cos Bulls.[2] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Windy City Bulls, o afiliado dos Chicago Bulls na NBA D-League.[3] O 14 de xullo de 2018, foi cortado polos Bulls.[4]
O 17 de xaneiro de 2019, Zipser asinou ata final da tempada co San Pablo Burgos da Liga ACB.[5]
Estatísticas NBA[editar | editar a fonte]
Tempada regular[editar | editar a fonte]
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016–17 | Chicago | 44 | 19.2 | .398 | .333 | .775 | 2.8 | 0.8 | 0.3 | 0.4 | 5.5 |
2017–18 | Chicago | 54 | 15.3 | .346 | .336 | .731 | 2.4 | 0.9 | 0.4 | 0.3 | 4.0 |
Total | 98 | 17.0 | .371 | .335 | .758 | 2.6 | 0.8 | 0.4 | 0.3 | 4.7 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Chicago Bulls draft Paul Zipser, German SF, at No. 48 overall". ESPN.com. 23 de xuño de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016.
- ↑ "BULLS SIGN PAUL ZIPSER". NBA.com. 15 de xullo de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016.
- ↑ "2016-17 NBA Assignments". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.
- ↑ "Bulls sign Jabari Parker". NBA.com. 14 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018.
- ↑ "Paul Zipser se suma al proyecto del San Pablo Burgos". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 26 de decembro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)