Vilar de Mulleres, Lobelle, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°32′33.70″N 7°49′46.59″O / 42.5426944, -7.8296083

Vilar de Mulleres
Vilardemulleres.jpg
Casa do lugar
ParroquiaLobelle
ConcelloCarballedo
Poboación24 hab. (2018)

Vilar de Mulleres é un lugar da parroquia de Lobelle no concello lucense de Carballedo na Comarca de Chantada. Tiña 27 habitantes no ano 2009 dos cales eran 14 homes e 13 mulleres. En 2016 20 (11 mulleres e 9 homes). En 2018 segundo o INE eran 24 (11 homes, 13 mulleres).

Toponimia[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo é de fácil interpretación: "vilar de mulleres", do latín villaris, derivado de villa, "casa de campo". Xa en 1274 hai unha venda ao mosteiro de Dozón: in parrochia de Lobelli, in loco que vocatur Vilar de Mulieribus[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O Peto de ánimas de Vilar de Mulleres ten un fornelo rectangular e arqueado. Remata nunha cruz oitavada e uns pináculos coroados por bolas. O retablo presenta as ánimas entre as lapas do purgatorio[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  2. "Patrimonio etnográfico". Concello de Carballedo. Consultado o 26/08/2017. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lobelle[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lobelle no concello de Carballedo (Lugo)

Lobelle de Abaixo | Lobelle de Arriba | O Piñeiro | Quintela | Vilar de Mulleres

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)