Lobelle de Arriba, Lobelle, Carballedo
Lobelle de Arriba | |
---|---|
![]() Lobelle de Arriba | |
Parroquia | Lobelle |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°33′12″N 7°49′22″O / 42.553381, -7.822769 |
Poboación | 17 hab. (2020) |
[ editar datos en Wikidata ] |

Lobelle de Arriba é un lugar da parroquia de Lobelle no concello lucense de Carballedo na Comarca de Chantada. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 17 habitantes (oito homes e nove mulleres). En 2020 16, 8 mulleres e 8 homes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Lobelle leva o nome do seu pusuidor en xenitivo, quizais en latín Lupellus, diminutivo de Lupulus, derivado de Lupus ("lobo") como antropónimo[1], mentres que o de Arriba vénlle por estar máis alto ca Lobelle de Abaixo. Popularmente moita xente di Novelle, como se tivese que ver con novo.
Algúns dos microtopónimos da zona son[2] O Apastadeiro, A Cerrada, Os Cortiños, A Costa, O Coteiro, A Devesa, Os Freos, As Lamas, O Muíño Vello, O Pacento, A Pena, A Petada, A Pireira, O Portelo do Carro, O Prado da Pepa, O Rigueiro de Navás, O Río, O Salcedo e Vales.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Castro de Lobelle: Asentamento castrexo situado no lugar de Lobelle de Arriba. Polo lado N-NO está situado a 1 km aproximadamente do castro de Quintá do Monte[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Microtoponimia: Os Parentes". osparentes.eu. Arquivado dende o orixinal o 22/11/2018. Consultado o 16/08/2017.
- ↑ "Patrimonio arqueolóxico". Concello de Carballedo. Consultado o 03/08/2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lobelle
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lobelle no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Lobelle de Abaixo | Lobelle de Arriba | O Piñeiro | Quintela | Vilar de Mulleres |