MBC Dinamo Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinamo Moscova
MFK Dynamo Moskva logo.svg
Información xeral
Nome МБК Динамо Москва
Liga RBSL
Fundación 1923
Historia Dinamo Moscova (dende 1923)
Cores           Branco, azul
Presidente Flag of Russia.svg Evgeny Gomelsky
Adestrador Flag of Latvia.svg Nikolajs Mazurs
Localización
Cidade Flag of Russia.svg Moscova, Rusia
Pavillón Krylatskoe Sport Palace
Capacidade 5.000
Campionatos
Eurocup 1 (2006)
Liga URSS 2 (1937, 1948)
dynamobasket.com

O MBC Dinamo Moscova (en ruso: МБК Динамо Москва) é un club profesional de baloncesto da cidade de Moscova, Rusia. Actualmente compite na PBL, a máxima competición do baloncesto ruso. Disputa os seus partidos como local no Complexo Deportivo Krylatskoe, cunha capacidade para 5.000 espectadores. O club foi fundado en 1923, aínda que por motivo económicos desapareceu en 1997. Finalmente foi refundado en 2001, chegando a gañar a ULEB Cup en 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

Evgeny Voronov, ex-xogador do Dinamo.

Fundado en 1923, dentro da Unión Soviética, o Dinamo é un dos máis antigos clubs deportivos do país. O seu nome foi elixido porque Dínamo significa "poder en movemento". O club foi apoiado pola Dirección Política do Estado (GPU), un aparello policial da URSS. É por iso que o equipo sempre foi coñecido como o club da policía, mentres que o seu eterno rival da cidade, o CSKA Moscova era o club do Exército Vermello. Con todo, a conexión entre a policía e os deportistas do Dinamo é inexistente dende hai anos.

O Dinamo gañou rapidamente unha reputación fóra das fronteiras da Unión Soviética debido ao seu éxito nos principais deportes como fútbol, balonmán, hóckey xeo e, por suposto, o baloncesto. O Dinamo de Moscova de baloncesto gañou o Campionato da URSS en 1937 e 1948, chegando a disputar tamén a final en 1944 e 1990.

En 1997 o Dinamo Moscova desapareceu debido a problemas financeiros pese haber xogado por primeira vez na Euroliga. Non foi senón até 2001 cando o Dinamo reapareceu na escena do baloncesto ruso. O MBC Dinamo de Moscova foi refundado ese mesmo ano baixo o apoio da sociedade Dinamo e o seu presidente Vladimir Pronichev. No ano 2006 o club gañaría o seu primeiro título europeo, a ULEB Cup, tras vencer na final por 73–60 ao Aris BSA grego no Spiroudome de Charleroi (Bélxica).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Estatal[editar | editar a fonte]

  • Campionato de baloncesto da Unión Soviética: 2

Europeo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MBC Dinamo Moscova

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]