Saltar ao contido

BC Donetsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BC Donetsk
Información xeral
Liga USL / Eurocup
Alcume Тигри (Tyhry, Tigres)
Fundación 2006
Cores           Laranxa, negro
Presidente Ucraína Sergei Dyadechko
Adestrador Ucraína Valeriy Plekhanov
Localización
Cidade Ucraína Donetsk, Ucraína
Pavillón Arena Druzhba
Capacidade 4.700
Campionatos
Liga 1 (2012)
bc.donetsk.ua

O Basketball Club Donetsk (en ucraíno: Баскетбольний клуб Донецьк, romanizado: Basketbol'nij klub Donets'k) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Donetsk que actualmente milita na Superliga de Baloncesto de Ucraína. A mascota do equipo é un tigre, o cal tamén aparece no escudo do equipo.

Na época da Unión Soviética había un equipo profesional de baloncesto chamado "Shakhtar". Despois da independencia de Ucraína, o equipo consegue chegar ao segundo posto en Liga e mesmo xogar vinte e catro partidos en competicións europeas. No ano 2006 é fundado o BC "Donetsk" para continuar coa tradición do baloncesto na capita do Donbass. O fundador do club foi Valery Plekhanov, quen ademais foi o primeiro adestrador do club. O equipo comeza xogando na terceira división do país, conseguindo o ascenso á Segunda División cun destacábel récord de 34 vitorias e 34 partidos. Ao ano seguinte segue a súa serie de vitorias, conseguindo ascender á Superliga cun rexistro de 53 vitorias en 56 partidos. É precisamente ao final dese temporada cando o equipo encontra ao seu primeiro patrocinador, Sergei Dyadechko, que tamén se converteu no presidente do club. Ao ano seguinte, a pesar de ser un equipo novo na máxima categoría, o club recibe unha "wild card" para poder participa no EuroChallenge de 2008−09. A persoa que axudou ao equipo a conseguila foi o campión olímpico Sergey Bubka.[1]

Xusto antes de comezar a temporada 2008−09 o club contrata un novo adestrador Igors Miglinieks, reforzando ao equipo con xogadores de nivel internacional da propia Ucraína, Belarús e Porto Rico. O equipo márcase entón un obxectivo ambicioso, quedar entre os tres primeiros equipos da Superliga no seu ano de debut e ter unha boa actuación no EuroChallenge. O obxectivo sería finalmente acadado, ao rematar na segundo posición tras perder na final ante o BC Azovmash. Desde ese ano o club mantense na máxima categoría, conseguindo gañar o título na temporada 2011−12 tras vencer na final por 4-0 ao propio Azovmash. A nivel europeo destaca a súa chegada aos cuartos de final da Eurocup ese mesmo ano.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Liga de Ucraína

  • Campión (1): 2012
  • Subcampión (2): 2009, 2011

Copa de Ucraína

  • Subcampión (1): 2014
  1. "POLE VAULT LEGEND’S BASKETBALL FAIRYTALE". Ball in Europe (en inglés). 2009. Consultado o 5 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]