Khimki
| Химки (ru) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Rusia | ||||
| Óblasts | Oblast de Moscovo (pt) | ||||
| Entidade administrativa desaparecida | Khimki rayon (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 256.684 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 109,79 km² | ||||
| Altitude | 180 m | ||||
| Creación | 1851 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Oleg Shakhov (en) Dmitry Voloshin (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 141400–141446 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 495 e 498 | ||||
| Identificador OKTMO | 46783000001 | ||||
| Identificador OKATO | 46483000000 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | admhimki.ru | ||||
Khimki (en ruso: Химки) é unha cidade do óblast de Moscova en Rusia. Atópase situada ao noroeste de Moscova, á beira da Canle de Moscova. A súa poboación ascendía a 183.551 habitantes no ano 2008.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Khimki estableceuse oficialmente en 1939. Desenvolveuse ao redor da estación de tren co mesmo nome que existe desde 1850 e que forma parte da ruta Moscova-San Petersburgo. Toda a cidade de Jimki ten as fronteiras coa cidade de Moscova. Khimki ten unha sucursal da Biblioteca Estatal de Rusia, que foi protexida na Unión Soviética e máis tarde na Federación Rusa, así como polos xornais en Rusia e a Unión Soviética.
Nos últimos anos, Khimki, foi un suburbio de Moscova que continuou o seu desenvolvemento e no que se construíron moitos edificios de vivendas. A cidade está atravesada pola estrada que une Moscova co Aeroporto Internacional de Sheremetyevo. Hai un Mega Mall, un dos dous máis grandes en Rusia, tamén hai un hipermercado Auchan e unha gran tenda de mobles de Ikea.
Poboación
[editar | editar a fonte]Khimki na contaba cunha poboación de 183.551 en 2008.
| Evolución demográfica de Khimki. | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1926 | 1939 | 1959 | 1970 | 1979 | 1989 | 1992 | 2002 | 2008 | |||||||||||
| 2.900 | 23.100 | 47.800 | 86.600 | 111.900 | 132.902 | 141.000 | 162.074 | 183.551 | |||||||||||
Economía
[editar | editar a fonte]
Despois da segunda guerra mundial, Khimki recibiu varios centros de investigación, entre eles a produción do complexo militar-industrial da Unión Soviética.
- ONP Energomach, líder mundial no deseño e a fabricación de motores de foguete de combustible líquido.
- NPO Lavochkine dedicada ao deseño e fabricación de naves espaciais.
- MBK Fakel, desenvolve programas para o guiado de mísiles de defensa aérea.
Estas actividades empregan á maioría da poboación da cidade, que foi, por razóns de seguridade, prohibida aos viaxeiros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |

