Anwil Włocławek
| Anwil Włocławek | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Liga | PLK |
| Alcume | Rottweilers |
| Fundación | 1991 |
| Historia | Nobiles Włocławek (1991-1998) |
| Cores | Branco, azul, verde |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Patrocinador | Anwil |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Hala Mistrzów |
| Capacidade | 4.200 |
| Inauguración | setembro de 2001 |
| Campionatos | |
| Liga | 2 (2003, 2018) |
| Copa | 3 (1995, 1996, 2007) |
| Supercopa | 2 (2007, 2017) |
| wtkanwil.com.pl | |
O Klub Koszykówki Włocławek, coñecido por motivos de patrocinio como Anwil Włocławek, é un club profesional de baloncesto son sede na cidade polaca de Włocławek, Cuiavia-Pomerania. Fundado no ano 1991, actualmente compite na Polska Liga Koszykówki, a máxima competición do baloncesto de Polonia. O club xoga os seus partidos como local no Hala Mistrzów, pavillón con capacidade para 4.200 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado no ano 1991 co nome de Provide Włocławek, comezando a xogar desde a segunda división polaca. Xa na súa primeira temporada o club logra o ascenso á Primeira División. Xa na Polska Liga Koszykówki, e coa denominación de Nobiles Włocławek, na súa primeira temporada na elite conseguen acabar na segunda posición final, despois de teren sido primeiros na temporada regular.[1] O seu único campionato de Liga chega en 2003, cando derrotan na final ao Asseco Prokom Gdynia por 4-2.
Nomes
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Provide Włocławek (1991−1992)
- Nobiles Włocławek (1992−1998)
- Anwil Włocławek (1998−presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións domésticas
[editar | editar a fonte]- Campións (2): 2003, 2018
- Subcampións (8): 1993, 1994, 1999, 2000, 2001, 2005, 2006, 2010
- Terceiro posto (2): 1995, 2009
- Semifinais (5): 1996, 2002, 2004, 2007, 2013
Copa de Polonia
- Campións (3): 1995, 1996, 2007
- Subcampións (1): 2004
Supercopa de Polonia
- Campións (2): 2007, 2017
Competicións europeas
[editar | editar a fonte]- Semifinais (1): 2002
- Cuartos de final (1): 2001
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "KK Włocławek Historia Klubu. Sezon 1991/1992 - 1992/1993". KK Włocławek (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2015. Consultado o 2 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en polaco)