Lista de reis de Sumeria
A lista dos reis sumerios é un documento excepcional deixado polos escribas sumerios, escrito en sumerio, reflectindo os sucesivos reis hexemónicos. Os primeiros reis son dubidosos e os seus períodos imposíbeis, pero despois vanse acercando máis á historia comprobada, aínda que se omiten dinastías, e outras danse como sucesivas cando foron contemporáneas. Os reis de Asiria e os de Babilonia tamén tiveron este de tipo de listas. O primeiro rei mencionado que hai identificado por inscricións é Megabaresi de Kish, contemporáneo de Gilgamesh. O primeiro gobernante da lista que é claramente histórico é Lugal-Zage-Si de Uruk do século –XXIII, que conquistou Lagash, que á súa vez foi conquistada por Sargón de Acad.
Protodinástico I, Reis de antes do diluvio, lendarios
[editar | editar a fonte]"Despois disto a realeza foi a Eridug (Eridu). En Eridug, Alulim foi rei e gobernou 28800 anos."
- Alulim de Eridug: 28800 anos.
- Alalgar de Eridug: 36000 anos.
- En-Men-Lu-Ana de Badtibira: 43200 anos.
- En-Men-Gal-Ana de Badtibira: 28800 anos.
- Dumuzid de Badtibira: 36000 anos.
- En-Sipad-Zid-Ana de Larak: 28800 anos.
- En-Men-Dur-Ana de Zimbir: 21000 anos.
- Ubara-Tutu de Shuruppak 18600 anos.
Protodinástico II, Reis mitolóxicos.
[editar | editar a fonte]"Despois do diluvio a realeza pasou a Kish"
Primeira Dinastía de Kish
[editar | editar a fonte]- Kullassina-bel de Kish: 960 anos.
- Nangishlishma de Kish: 670 anos.
- En-Tarah-Ana de Kish: 420 anos.
- Babum de Kish: 300 anos.
- Puannum de Kish: 840 anos.
- Kalibum de Kish: 960 anos.
- Kalumum de Kish: 840 anos.
- Zuqaqip de Kish: 900 anos.
- Atab de Kish: 600 anos.
- Mashda de Kish: 840 anos.
- Arwium de Kish: 720 anos.
- Etana de Kish: 1500 anos.
- Balih de Kish: 400 anos.
- En-Me-Nuna de Kish: 660 anos.
- Melem-Kish de Kish: 900 anos.
- Barsal-Nuna de Kish: 1200 anos.
- Zamug de Kish: 140 anos.
- Tizqar de Kish: 305 anos.
- Ilku de Kish: 900 anos.
- Iltasadum de Kish: 1200 anos.
- En-Men-Barage-Si de Kish, que conquistou Elam: 900 anos.
- Aga de Kish: 625 anos.
"Entón Kish foi derrotado e a realeza pasou a Eana (Uruk)"
Primeira Dinastía de Uruk
[editar | editar a fonte]- Mesh-ki-ang-gasher de E-ana, fillo de Utu: 324 anos (Mesh-ki-ang-gasher gañou ao mar e desapareceu).
- Enmerkar, que fundou Unug: 420 anos.
- Lugalbanda de Unug: 1200 anos.
- Dumuzid de Unug, o pescador: 100 anos. Capturou a En-Me-Barage-Si de Kish.
- Gilgamesh, o seu pai foi un fantasma, señor de Kulaba: 126 anos.
- Ur-Nungal de Unug: 30 anos.
- Udul-Kalama de Unug: 15 anos.
- A-Ba'shum de Unug: 9 anos.
- En-Nun-Tarah-Ana de Unug: 8 anos.
- Mesh-He de Unug: 36 anos.
- Melem-Ana de Unug: 6 anos.
- Lugal-Kitun de Unug: 36 anos.
(Outros soberanos coñecidos por inscricións non constan nas listas de Reis).
"Entón Unug (Uruk) foi derrotado e a realeza pasou a Urim (Ur)"
Primeira dinastía de Ur sobre o -2500
[editar | editar a fonte]- Mesh-Ane-Pada de Urim: 80 anos.
- Mesh-Ki-Ang-Nanna de Urim: 36 anos.
- Elulu de Urim: 25 anos.
- Balulu de Urim: 36 anos.
"Entón Urim (Ur) foi derrotada e a realeza pasou a Awan".
Protodinástico III
[editar | editar a fonte](A primeira Dinastía de Lagash é coñecida polas inscricións pero non se cita na lista de reis).
- Tres reis de Awan, gobernando un total de 356 anos.
"Entón Awan foi derrotado e a realeza pasou a Kish".
Segunda Dinastía de Kish
[editar | editar a fonte]- Susuda de Kish: 201 anos.
- Dadasig de Kish: 81 anos.
- Mamagal de Kish: 360 anos.
- Kalbum de Kish: 195 anos.
- Tuge de Kish: 360 anos.
- Men-Nuna de Kish: 180 anos.
- ? de Kish: 290 anos.
- Lugalngu de Kish: 360 anos.
"Entón Kish foi derrotado e a realeza pasou a Hamazi".
- Hadanish de Hamazi: 360 anos.
"Entón Hamazi foi derrotada e a realeza pasou a Unug (Uruk)".
Segunda Dinastía de Uruk
[editar | editar a fonte]- En-Shakansha-Ana de Unug: 60 anos.
- Lugal-Ure (o Lugal-Kinishe-Dudu) de Unug: 120 anos.
- Argandea de Unug: 7 anos.
"Entón Unug (Uruk) foi derrotada e a realeza pasou a Urim (Ur)".
Segunda dinastía de Ur
[editar | editar a fonte]- Nani de Urim: 120 anos.
- Mesh-Ki-Ang-Nanna de Urim: 48 anos.
- ? de Urim: 2 anos.
"Entón Urim (Ur) foi derrotada e a realeza pasou a Adab".
- Lugal-Ane-Mundu de Adab: 90 anos.
"Entón Adab foi derrotada e a realeza pasou a Mari".
- Anbu de Mari: 30 anos.
- Anba de Mari: 17 anos.
- Bazi de Mari: 30 anos.
- Zizi de Mari: 20 anos.
- Limer de Mari: 30 anos.
- Sharrum-Iter de Mari: 9 anos.
"Entón Mari foi derrotada e a realeza pasou a Kish".
Terceira Dinastía de Kish
[editar | editar a fonte]- Kug-Baba de Kish: 100 anos (Kug-Baba é a única muller na lista de reis).
"Entón Kish foi derrotada e a realeza pasou a Akshak".
- Unzi de Akshak: 30 anos.
- Undalulu de Akshak: 6 anos.
- Urur de Akshak: 6 anos.
- Puzur-Nirah de Akshak: 20 anos.
- Ishu-Il de Akshak: 24 anos.
- Shu-Sin de Akshak: 7 anos.
"Entón Akshak foi derrotada e a realeza pasou a Kish".
Cuarta Dinastía de Kish
[editar | editar a fonte]- Puzur-Sin de Kish: 25 anos.
- Ur-Zababa de Kish: 400 (6?) anos.
- Zimudar de Kish: 30 anos.
- Ussi-Watar de Kish: 7 anos.
- Eshtar-Muti de Kish: 11 anos.
- Ishme-Shamash de Kish: 11 anos.
- Shu-Ilishu de Kish: 15 anos.
- Nanniya de Kish: 7 anos.
"Entón Kish foi derrotada e a realeza pasou a Unug (Uruk)".
Terceira Dinastía de Uruk
[editar | editar a fonte]- Lugal-Zage-Si de Unug: 25 anos (-2259 – -2235 na cronoloxía mínima) derrota en Lagash.
- Sargón, cuxo pai era xardineiro, ou copeiro de Ur-Zababa, rei de Agadé, que construíu a cidade: 56 anos (ca. -2235 cronoloxía mínima)
- Rimush, fillo de Sargón: 9 anos.
- Man-Ishtishu, irmán máis vello de Rimush: 15 anos.
- Naram-Sin, fillo de Man-Ishtishu: 56 anos.
- Shar-Kali-Sharri, fillo de Naram-Sin: 25 anos.
"Quen foi rei? Quen non foi rei?"
- Irgigi, Imi, Nanum, Ilulu: os catro simultaneamente gobernaron durante tres anos.
- Dudu: 21 anos.
- Shu-Durul, fillo de Dudu: 15 anos.
"Entón Agadé (Akkad) foi derrotada e a realeza pasou a Unug (Uruk)".
Cuarta Dinastía de Uruk
[editar | editar a fonte](probabelmente gobernaron a Baixa Mesopotamia simultaneamente coa dinastía de Akkad).
- Ur-Ningin de Unug: 7 anos.
- Ur-Gigir de Unug: 6 anos.
- Kuda de Unug: 6 anos.
- Puzur-Ili de Unug: 5 anos.
- Ur-Utu (ou Lugal-Melem) de Unug: 25 anos.
"Entón Unug (Uruk) foi derrotada e a realeza pasou ao exército dos Guti ".
Período Guti
[editar | editar a fonte]"No exército dos Guti os primeiros reis non foron coñecidos; tiñan reis propios que gobernaban por tres anos"
- Inkishush de Gutium: 6 anos.
- Zarlagab de Gutium: 6 anos.
- Shulme (o Yarlagash) de Gutium: 6 anos.
- Silulumesh (o Silulu) de Gutium: 6 anos.
- Inimabakesh (o Duga) de Gutium: 5 anos.
- Igeshaush (o Ilu-An) de Gutium: 6 anos.
- Yarlagab de Gutium: 3 anos.
- Ibate de Gutium: 3 anos.
- Yarla de Gutium: 3 anos.
- Kurum de Gutium: 1 ano.
- Apil-Kin de Gutium: 3 anos.
- A-Erabum de Gutium: 2 anos.
- Irarum de Gutium: 2 anos.
- Ibranum de Gutium: 1 ano.
- Hablum de Gutium: 2 anos.
- Puzur-Sin de Gutium: 7 anos.
- Yarlaganda de Gutium: 7 anos.
- ? de Gutium: 7 anos.
- Tiriga de Gutium: 40 anos.
- Utu-hengal de Unug, expulsa aos Guti.
Terceira dinastía de Ur
[editar | editar a fonte]"Renacemento Sumerio"
- Ur-Nammu de Urim: 18 anos goberna sobre o -2065 – -2047 na cronoloxía mínima.
- Shulgi: 46 anos goberna sobre o -2047 – -1999 na cronoloxía mínima.
- Amar-Sina de Urim: 9 anos.
- Shu-Sin de Urim: 9 anos.
- Ibbi-Sin de Urim: 24 anos.
"Entón Urim(Ur) foi derrotada e a realeza pasou a Isín"
Dinastía de Isín
[editar | editar a fonte]Estado amorita independente da Baixa Mesopotamia. A dinastía acaba sobre o -1730 na cronoloxía mínima.
- Ishbi-Erra de Isín: 33 anos.
- Shu-ilishu de Isín: 20 anos.
- Iddin-Dagan de Isín: 20 anos.
- Ishme-Dagan de Isín: 20 anos.
- Lipit-Eshtar de Isín: 11 anos.
- Ur-Ninurta de Isín (fillo de Ishkur): 28 anos.
- Bur-Sin de Isín: 5 anos.
- Lipit-Enlil de Isín: 5 anos.
- Erra-Imitti de Isín: 8 anos.
- Enlil-Bani de Isín: 24 anos.
- Zambiya de Isín: 3 anos.
- Iter-Pisha de Isín: 4 anos.
- Ur-Dul-Kuga de Isín: 4 anos.
- Sin-Magir de Isín: 23 anos.
"Son 11 cidades alá onde a realeza foi exercida. Un total de 134 reis que en conxunto reinaron máis de 28.876 anos".