Tseng Kwong Chi
Nome orixinal | (zh-hant) 曾廣智 (en) Joseph Tseng (en) Tseng Kwong Chi |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1950 Hong Kong, República Popular da China |
Morte | 10 de marzo de 1990 (39/40 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte por SIDA |
Educación | Prince of Wales Secondary School (en) St. Joseph's College (en) |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Período de actividade | 1975 - 1990 |
Familia | |
Irmáns | Muna Tseng |
Páxina web | tsengkwongchi.com |
Tseng Kwong Chi (chinés tradicional: 曾廣智; chinés simplificado: 曾广智; pinyin: Zēng Guǎngzhì), tamén coñecido coma Joseph Tseng, nado o 6 de setembro do 1950 e finado o 10 de marzo do 1990, foi un fotógrafo estadounidense de orixe hongkonesa, afincado no East Village durante os oitenta.[1] Foi irmán da bailarina e coreógrafa Muna Tseng.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai foi un oficial do Kuomingtang que fuxiu de Shanghai no 1949, tras a vitoria comunista na guerra civil chinesa.[2] Tseng naceu no Hong Kong británico ao ano seguinte, e foi considerado un neno prodixio da pintura e da caligrafía chinesas.[1] Cando tiña 16 anos, a súa familia mudouse ao Canadá, onde estudou no St Joseph's College.[2] Despois, estudou pintura na Académie Julian de París, pero abandonouna pola fotografía ao ano seguinte, cando o seu pai lle regalou unha cámara Rolleiflex.[2][3] No 1979, trasladouse ao East Village, en Manhattan, onde coñeceu aos artistas de vangarda Keith Haring, Kenny Scharf, Jean-Michel Basquiat e Ann Magnuson.[4][2]
Tseng faleceu por unha enfermidade relacionada coa sida no 1990, acompañado pola súa parella de sete anos, Robert-Kristoffer Haynes.[5][6] A colección de obras de Tseng atópase no Museo Solomon R. Guggenheim de Nova York e no Museo de Arte Moderna de San Francisco.[7] Foi incluído postumamente no arquivo dixital do Centro de Artes Asiático-americanas.[8]
Obra
[editar | editar a fonte]Fotografía
[editar | editar a fonte]Tseng formou parte do círculo de artistas do East Village neoiorquino durante os oitenta, xunto con Keith Haring, Kenny Scharf ou Cindy Sherman.[9] As súas obras máis famosas pertencen á súa serie de autorretratos East Meets West ("O este atópase co oeste"), na que aparece vestido cun traxe semellante aos de Mao Zedong e cuns lentes de sol fronte a lugares turísticos famosos. Entre estes, atópanse a Estatua da Liberdade, o cabo Cañaveral, Disneylandia, Notre-Dame de París ou o World Trade Center.[1] Sobre esta serie, indicou:[10]
My mirrored glasses give the picture a neutral impact and a surrealistic quality I am looking for. I am an inquisitive traveler, a witness of my time, and an ambiguous ambassador.
(Os meus lentes de espello danlle á imaxe o impacto neutro e a calidade surrealista que estou a procurar. Son un viaxeiro curioso, un testigo da miña época e un embaixador ambiguo.)Tseng Kwong Chi (1950-1990)
Tseng realizou preto de corenta mil fotografías do graffiteiro neoiorquino Keith Haring durante os oitenta, mentres traballaba en murais, instalacións e no metro.[4][5] No 1984, participou coas súas pezas nunha exhibición da obra de Harring na Sempahore East Gallery, titulada Art in Transit ("Arte en tránsito"). Tseng fotografiou a primeira aterraxe dun Concorde no aeroporto internacional John F. Kennedy.[1]
Influencias
[editar | editar a fonte]Segundo a súa irmá, Tseng estivo moi influenciado por Brassaï e Henri Cartier-Bresson.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Loke, Margarett (1996-10-18). "Inside Photography". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-02-17.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "【顯影】當東方符號遇上西方地標 - 顯影 | 蘋果日報". web.archive.org. 2021-01-25. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 2024-02-17.
- ↑ Tseng, Muna. "Tseng Kwong Chi: Biography" (PDF) (en inglés). Consultado o 17-02-2024.
- ↑ 4,0 4,1 "Visual AIDS - Tseng Kwong Chi". Visual AIDS (en inglés). Consultado o 2024-02-17.
- ↑ 5,0 5,1 "Tseng Kwong Chi, Photographer, 39". The New York Times (en inglés). 1990-03-11. ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-02-17.
- ↑ Hallmark, Kara Kelley (2007-05-30). Encyclopedia of Asian American Artists (en inglés). Bloomsbury Academic. ISBN 978-0-313-33451-1.
- ↑ "Photos by Tseng Kwong Chi with Keith Haring at Paul Kasmin Gallery". artdaily.com (en inglés). Consultado o 2024-02-17.
- ↑ "Tseng, Kwong Chi - Profile - artasiamerica - A Digital Archive for Asian / Asian American Contemporary Art History". artasiamerica.org. Consultado o 2024-02-17.
- ↑ "Tseng Kwong Chi". Ben Brown Fine Arts (en inglés). Consultado o 2024-02-17.
- ↑ "Tseng Kwong Chi". Consultado o 2024-02-17.