Lentes de sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lentes de sol.

Unhas lentes de sol (Gl-lentes de sol.ogg pronunciación ) son unhas lentes a miúdo coloreadas ou escurecidas para protexer os ollos da luz directa e molesta.

As monturas das lentes de sol xeralmente están fabricadas con metal ou cun material sintético, como o plástico ou o nailon. As lentes adoitan ter distintos niveis de bloqueo aos raios ultravioleta (UV).

Suxírese o emprego frecuente de lentes de sol de boa calidade, que se axusten ao rostro de modo que protexan dos raios que proveñan da fronte e dos laterais, filtrando adecuadamente os raios UV que poden ter efectos nocivos sobre a saúde ocular.

Breve historia[editar | editar a fonte]

A mediados do século XVIII, o británico James Ayscough comezou a experimentar con lentes tintadas. El non as concibía como lentes de sol nin como mecanismo de protección fronte aos raios solares, senón como remedio a algúns problemas específicos de visión.

A principios do século XX empezouse a xeneralizar o uso de lentes de sol entre as estrelas do incipiente cine mudo.

Sam Foster iniciou en 1929 a produción en masa de lentes de sol económicas nos Estados Unidos. En 1936 apareceron as primeiras lentes polarizadas.