Trotskismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Trotskista")

O trotskismo é unha tendencia dentro do marxismo desenvolvida en gran parte polo revolucionario ruso León Trotski que, en termos xerais, representa unha contraposición á visión que aplicou Stalin do marxismo-leninismo e as teorías do mesmo sobre o "socialismo nun só país". Buscaba encauzar o proceso revolucionario da URSS mediante a profundización da dictadura do proletariado. Trotski chamaba á revolución política da Unión Soviética fronte á dexeneración stalinista, constituíndose xunto con outros revolucionarios rusos, como a Oposición da Esquerda dentro do Partido Comunista da Unión Soviética entre 1923 e 1927.

Un dos seus pilares fundamentais é a teoría da "Revolución Permanente", descrita no seu libro do mesmo nome, cuxo concepto empregan primeiro Marx e Engels en 1848 e 1850. Outro dos documentos fundamentais é o Programa de Transición, escrito tamén por Trotski, como base programática da nacente IV Internacional, fundada en 1938. Un dos seus análises para entender a evolución capitalista nos países coloniais e semicoloniais foi a teoría do desenvolvemento desigual e combinado.

Trotski defendeu as medidas que buscaban acabar co burocratismo, levado a cabo pola nomenclatura do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), como a rotación de cargos e unha maior concreción das teses leninistas do centralismo democrático, aplicadas á estrutura e organización itnernas do partido. Fixo aportes teóricos sobre o feminismo e a arte, defendeu a profundización económica no socialismo a través de plans quinquenais, posteriormente unha versión variada por Stalin sería aplicada mentres dirixía a URSS. Trotski organizou a "Oposición de Esquerda internacional" que, atao ascenso de Adolf Hitler ao poder en Alemaña en 1933, considerouse unha facción da Internacional Comunista, pese a persecución que os seus militantes sufrían por parte do estalinismo.Foi a partires da vitoria do nazismo en Alemaña e a caracterización da III Internacional (dirixida polo estalinismo) como "contrarevolucionaria", Trotski chamou a construir a Cuarta Internacional e partidos revolucionarios independentes en cada país.

Na década de 1930 postulou o entrismo en organizacións de masas socialdemócratas, como forma de facilitar a inserción dos partidos adheridos á IV Internacional no movemento obreiro, atraendo ao sector máis avanzado ao seu programa. Este traballo debía facerse sempre abertamente e por un espazo breve de tempo, xa que logo os trotskistas debían fundar os seus propios partidos e organizacións. Con ese método foi posíbel construir o Partido Socialista Obreiro, sección máis grande da nova organización alternativa ao Komitern. Actualmente existen ao redor do mundo un número elevado de organizacións trotskistas que proveñen das agrupadas na IV Internacional. Por exemplo en países como Alxeria, Arxentina, Bolivia, Chile, Brasil, Costa Rica, Perú, Honduras, México, Reino Unido, Estado Español, Portugal, Francia, Uruguay, Turquía, Venezuela, as organizacións trotskistas adquiriron maior influencia que en outros, porén, sen lograr un peso decisivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.