Acento grave dobre
| ̏ |
|---|
| Acento grave dobre |
| Diacríticos do alfabeto latino |
|
acentos |
| Signos ortográficos empregados como diacríticos |
|
apóstrofo ( ’ ) |
| Diacríticos de alfabetos non latinos |
|
Diacríticos do alfabeto árabe |
| Ȁ | ȁ |
| Ȅ | ȅ |
| Ȉ | ȉ |
| Ȍ | ȍ |
| Ȑ | ȑ |
| Ȕ | ȕ |
O acento grave dobre ( ̏ ) é un signo diacrítico empregado nos alfabetos latino e cirílico consistente en dúas pequenas raias que baixan de esquerda a dereita e que se coloca sobre unha vogal ou unha consoante.
Usos
[editar | editar a fonte]Linguas eslavas do sur
[editar | editar a fonte]O acento grave dobre serve para sinalar o ton descendente breve nas linguas croata, serbia e, ás veces, no esloveno, no que, con este mesmo fin, tamén se emprega o acento grave simple.
Colócase no croata e no esloveno sobre as letras do alfabeto latino a e i o r u ou, no caso do serbio, sobre as equivalentes no alfabeto cirílico а е и о р у.
Con todo, dado que nestas linguas non se acostuma sinalar os tonemas, o emprego deste diacrítico fica limitado na práctica ás obras gramaticais e aos dicionarios.
Alfabeto Fonético Internacional
[editar | editar a fonte]No Alfabeto Fonético Internacional, o acento grave dobre indica un tonema de rexistro moi baixo. Pódese colocar sobre calquera símbolo vocálico ou consonántico vocalizado.