Diacríticos dos silabarios xaponeses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diacríticos

Chámase diacrítico un signo gráfico aposto a un grafema dos silabarios hiragana ou katakana para transcribir un fonema modificado do que transcribe ese grafema. O xaponés utiliza dous diacríticos:

  • O primeiro (◌゙) é un signo composto de dous pequenos trazos, que permite transformar unha consoante xorda en consoante sonora en principio de sílaba – coa excepción do h que se cambia en b – e que ten moitas denominacións:
    • dakuten (濁点, «punto sonoro»),
    • por abreviación de nigoriten (濁り点),
    • e máis familiarmente ten (点, «punto») ou ten-ten (点点 ou 点々, «punto punto»);
  • O segundo (◌゚) é un pequeno anel, que permite transformar h en p, e que ten dous nomes:
    • handakuten (半濁点, «punto semisonoro»),
    • e máis familiarmente maru (丸, «anel»).

Modificacións dos hiragana[editar | editar a fonte]

Só se cita o ataque silábico.

  • K + ゛ = G
  • S + ゛ = Z
  • SH + ゛ = J
  • T + ゛ = D
  • CH + ゛ = J (DJ)
  • TS + ゛ = Z (DZ)
  • H + ゛ = B
  • H + ゜ = P

Modificacións dos katakana[editar | editar a fonte]

As modificacións dos katakana son as mesmas cás dos hiragana. Transcríbese so a maiores o son [v] (nos préstamos) por:

  • U + ゛ = V

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]