Devanágari
O devanágari[1] (palabra de orixe sánscrita, देवनागरी / devanāgarī, que significa «(escritura) cidadá divina») é o alfasilabario utilizado para escribir, entre outras, o sánscrito, o hindi, o nepalés, o marathi e moitas outras linguas da India. É unha das escrituras da India máis empregada. Provén da escritura brahmi.
Características xerais
[editar | editar a fonte]O devanágari é recoñecíbel pola barra horizontal continua baixo a que van situados os caracteres. Non distingue maiúsculas de minúsculas. A lingua hindi emprega os mesmos signos de puntuación que o alfabeto latino, agás ás veces para os finais de frase. Hai variantes locais para certos caracteres. Escríbese de esquerda a dereita.
Representación das vogais
[editar | editar a fonte]Unha vogal pode ser representada por dous signos diferentes segundo que siga a unha consoante (forma dependente) ou non (forma independente). No segundo caso, a vogal é un símbolo ligado á dereita, á esquerda enriba ou embaixo da consoante despois da que se pronuncia. A nasalización márcase por un signo diacrítico que se sitúa enriba. Este signo pode ser o candrabindu ou o anusvāra. Por razóns de comodidade, os impresores prefiren a miúdo substituír o candrabindu por un anusvâra cando a vogal excede a liña superior.
Representación das consoantes
[editar | editar a fonte]Cando unha consoante nin vai precedida nin seguida doutra consoante, represéntase polo signo de base. Nos casos de combinacións (agrupamentos) de consoantes, hai unha ou varias ligaduras, que poden consistir nunha simple compresión gráfica, por exemplo, स seguido de त dá स्त, ou ben un carácter enteiramente novo, por exemplo क seguido de ष dá क्ष. Unha consoante non seguida dun símbolo de vogal dependente é implicitamente pronunciada coa vogal [ə], ou ás veces sen vogal ningunha.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]Un carácter – é dicir unha vogal independente, unha consoante eventualmente acompañada de signos diacríticos ou unha combinación especial de consoantes agrupadas – chámase akṣara (do sánscrito अक्षर, que significa « letra, carácter »). A barra vertical utilizada en certos símbolos de consoantes ou de vogais, ou para marcar o fin de frase chámase danda. O signo diacrítico utilizado para darlle unha vogal a unha consoante é o matra.
Exemplo
[editar | editar a fonte]- hindi
- सभी मनुष्यों को गौरव और अधिकारों के मामले में जन्मजात स्वतन्त्रता और समानता प्राप्त है। उन्हें बुद्धि और अन्तरात्मा की देन है और परस्पर उन्हें भाईचारे के भाव से बर्ताव करना चाहिये।
- pronunciación
- Sabhī manuṣyõ ko gaurav aur adhikārõ ke mamle mẽ janmajāt svatantrātā aur samāntā prāpt hai. Unhẽ buddhi aur antrātmā kī den hai aur parspar unhẽ bhaīcāre ke bhāv se bartāv karnā cāhiye.
- tradución
- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e en dereitos. Están dotados de razón e de consciencia e débense portar os uns cos outros nun espírito de fraternidade.
O alfasilabario
[editar | editar a fonte]Carácter | Forma dependente con [p] | Transcrición | API | Exemplo en galego |
---|---|---|---|---|
अ | प (só) | a | ə / non pronunciado | |
आ | पा | ā | ɑ | |
इ | पि | i | ɪ | |
ई | पी | ī | i | |
उ | पु | u | ʊ | |
ऊ | पू | ū | u | |
ऋ | पृ | ṛ | r̩ | |
ॠ | पॄ | ṝ | rː̩ | |
ऌ | पॢ | ḷ | l ̩ | |
ॡ | पॣ | ḹ | lː̩ | |
ऍ | पॅ | candra e | ||
ऎ | पॆ | e curto | ||
ए | पे | e | e | |
ऐ | पै | ai | aj ou ɛ | |
ऑ | पॉ | o (aberto) | ||
ऒ | पॊ | |||
ओ | पो | o (pechado) | aʊ ou o | |
औ | पौ | au (longo) | ɔ |
Vogal | Forma dependente con [r] |
---|---|
उ | रु |
ऊ | रू |
Carácter | Denominación | Función |
---|---|---|
प् | virāma (विराम) | chamado halant (हलन्त) en hindi, suprime a vogal implícita |
एँ | candrabindu (चन्द्रबिन्दु) | nasaliza a vogal |
पं | anusvāra (अनुस्वार) | nasaliza a vogal ou engade unha consoante nasal tras da vogal (normalmente [n]) |
एः | visarga (विसर्ग) | aspiración, só en sánscrito |
फ़ | nukta (नुक्ता) | utilizado para os sons tomados de linguas estranxeiras |
एऽ | avagraha (अवग्रह) | utilizado para prolongar o son dunha vogal |
Carácter | Transcrición | API | Exemplo en galego |
---|---|---|---|
क | k | k | casa |
ख | kh | kh | |
ग | g | g | gato |
घ | gh | gɦ | |
ङ | ṅ | ŋ | unha |
च | c | ʧ | chamar |
छ | ch | ʧh | |
ज | j | ʤ | |
झ | jh | ʤɦ | |
ञ | ñ | ɲ | bañar |
ट | ṭ (retroflexo) | ʈ | |
ठ | ṭh (retroflexo) | ʈh | |
ड | ḍ (retroflexo) | ɖ | |
ढ | ḍh (retroflexo) | ɖɦ | |
ण | ṇ (retroflexo) | ɳ | |
त | t | t̪ | tella |
थ | th | t̪h | |
द | d | d̪ | danza |
ध | dh | d̪ɦ | |
न | n | n | nome |
प | p | p | papa |
फ | ph | ph | |
ब | b | b | balón |
भ | bh | bɦ | |
म | m | m | mamá |
य | y | j | |
र | r (francés) | ɾ | |
ल | l | l | lago |
ळ | y (só en marathi) | j | |
व | v | v | francés voiture |
श | ś (ch mollado) | ɕ | alemán mich |
ष | ṣ (retroflexo) | ʂ | |
स | s | s | sal |
ह | h | h | |
क़ | q (palabras de orixe árabe), k moi gutural | q | árabe qalb |
ख़ | x | x | español juan |
ग़ | ġ (r grasseillé) | ʀ | francés regarde, à la Brassens |
ज़ | z (palabras de orixe estranxeira) | z | |
ड़ | ṛ (retroflexo) | ɽ | |
ढ़ | ṛh (retroflexo) | ɽɦ | |
फ़ | f (palabras de orixe estranxeira) | f | falta |
Carácter | Transcrición |
---|---|
० | 0 |
१ | 1 |
२ | 2 |
३ | 3 |
४ | 4 |
५ | 5 |
६ | 6 |
७ | 7 |
८ | 8 |
९ | 9 |
Carácter | Denominación | Función |
---|---|---|
। | danda (डण्डा) | . (fin de frase) |
॥ | dobre danda | marca o fin dunha rima en poesía |
ॐ | Ôm | símbolo sagro hindú |
Devanágari en unicode
[editar | editar a fonte]O devanágari ocupa os caracteres U+0900 a U+097F de Unicode. As celas baleiras indican os caracteres indefinidos.
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
U+090x | ँ | ं | ः | ऄ | अ | आ | इ | ई | उ | ऊ | ऋ | ऌ | ऍ | ऎ | ए | |
U+091x | ऐ | ऑ | ऒ | ओ | औ | क | ख | ग | घ | ङ | च | छ | ज | झ | ञ | ट |
U+092x | ठ | ड | ढ | ण | त | थ | द | ध | न | ऩ | प | फ | ब | भ | म | य |
U+093x | र | ऱ | ल | ळ | ऴ | व | श | ष | स | ह | ़ | ऽ | ा | ि | ||
U+094x | ी | ु | ू | ृ | ॄ | ॅ | ॆ | े | ै | ॉ | ॊ | ो | ौ | ् | ||
U+095x | ॐ | ॑ | ॒ | ॓ | ॔ | क़ | ख़ | ग़ | ज़ | ड़ | ढ़ | फ़ | य़ | |||
U+096x | ॠ | ॡ | ॢ | ॣ | । | ॥ | ० | १ | २ | ३ | ४ | ५ | ६ | ७ | ८ | ९ |
U+097x | ॰ |
Cando unha vogal segue a unha consoante, o seu carácter sempre se escribe despois do carácter da consoante, na orde da pronunciación, independentemente de cal sexa o resultado gráfico, por exemple की escríbese U+0915 U+0940 e कि escríbese U+0915 U+093F. Para escribir unha combinación de consoantes, insírese o carácter do virama entre dúas consoantes, por exemplo स्त escríbese U+0938 U+094D U+0924.
Se se quere escribir realmente unha consoante dotada dun virama e logo outra consoante en vez de facer a ligadura, insírese o carácter ZWNJ (Zero Width Non-Joiner) de código U+200C entre o carácter do virama e o da consoante que debe seguilo, por exemplo क्ष (en vez do esperedo क्ष) escríbese U+0915 U+094D U+200C U+0937. Se, para escribir unha combinación de consoantes que normalmente usa un símbolo novo, se quere utilizar as « medio-formas » das consoantes, insírese o carácter ZWJ (Zero Width Joiner) de código U+200D entre o carácter do virama e o da consoante que debe seguila, por exemplo श्व (en vez do esperedo श्व) escríbese U+0936 U+094D U+200D U+0935.
Varios
[editar | editar a fonte]- código ISO 15924: Deva
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para devanágari.