Saltar ao contido

Tigre de Tasmania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tigre de Tasmania
Thylacinus cynocephalus
George Prideaux Robert Harris 1810 Editar o valor en Wikidata
Diagrama de tamaño
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
T. cynocephalus Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Tigre de Tasmania Editar o valor en Wikidata
Taxonomía
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
 Sinonimia
Datas
 Data de comezo
hai 2 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
6 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Historia
7 de setembro de 1936extinción Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de descuberta
 Endémico en
Mapas
Distribución
Conservación
Especie extinta
Cifras e dimensións
Altura60 cm Editar o valor en Wikidata
Lonxitude160 cm Editar o valor en Wikidata
Masa19,7 kg Editar o valor en Wikidata
Forza de mordida166 Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeDasyuromorphia
FamiliaThylacinidae
XéneroThylacinus
EspecieThylacinus cynocephalus Editar o valor en Wikidata
(Harris, 1810) Thylacinus cynocephalus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/07h0r Editar o valor en Wikidata
ITIS552591 Editar o valor en Wikidata
OTT408120 Editar o valor en Wikidata
UICN21866 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O lobo marsupial,[1] tigre de Tasmania ou tilacino (Thylacinus cynocephalus) foi unha especie de mamífero marsupial australiadelfo da orde dos dasiuromorfos e familia dos tilacínidos,[2] actualmente extinta e orixinada no Holoceno.

Era nativo de Australia e Nova Guinea, e crese que se extinguiu no século XX (oficialmente, o ano 1936).[3] Tratábase do último membro vivente do seu xénero (Thylacinus), cuxos outros membros viviron en tempos prehistóricos a partir de principios do mioceno.[4]

O lobo marsupial extinguiuse no continente australiano uns 4.000 anos antes da chegada dos colonos europeos, pero sobreviviu en Tasmania, xunto con outras especies endémicas, incluíndo o demo de Tasmania. Xeralmente adoita culparse da súa extinción á caza intensiva, incentivada por recompensas, pero poderían ter contribuído outros factores como, por exemplo, as enfermidades, a introdución dos cans (dingos), ou a ocupación do seu hábitat polos humanos.[4]

Aínda que se considera oficialmente extinto, hai quen di telo visto.[5]

Características

[editar | editar a fonte]

Como os tigres e os lobos do hemisferio norte, dos cales herdou varios dos seus nomes comúns, o lobo marsupial era un superdepredador. Sendo un marsupial, non tiña relación con estes mamíferos placentarios, pero debido á converxencia adaptativa, presentaba a mesma forma xeral e as mesmas adaptacións.[6]

O lobo marsupial foi o maior carnívoro marsupial, moi parecido a un cánido, pero un detido exame das súas características morfolóxicas revela un gran número de diferenzas cos verdadeiros lobos placentarios. As orellas eran máis arredondadas e a boca moito máis ampla, chegando case de orella a orella.
Tamén son distintivas as de 13 a 17 raias cebradas da parte porsterior do tronco deste animal,
Pero quizais o aspecto máis distintivo foran os seus cuartos traseiros e a cola: o tronco, no canto de terminar abruptamente, como nos cánidos, facíao paulatinamente, de forma semellante á dos canguros; e a cola, moi potente na súa base, e comprimida lateralmente, era moi ríxida; as patas traseiras tiñan tamén un aspecto diferencial, xa que o tarso era proporcionalmente máis curto que nos cánidos.[6]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

o lobo marsupial era exclusivamente carnívoro. O seu estómago posuía unha grosa capa muscular e podería distenderse para permitir a inxesta de grandes cantidades de comida. Probabelmente era unha adaptación para compensar os longos períodos de caza infrutuosa nos que o alimento era escaso.[7]

A análise da estrutura do esqueleto e as observacións do animal en cativerio suxiren que seleccionaba unha presa e despois a perseguía até que estaba exhausta. Algúns estudos conclúen que o animal podería cazar en pequenos grupos familiares; o grupo principal facía fuxir ás presas na dirección dun tilacíno preparado para emboscalas.[8] De feito, os cazadores confirmaron que cazaba mediante a técnica da emboscada.[7]

As súas presas incluían canguros, ualabís, vombátidos, paxaros e pequenos marsupiais como canguros rata e falanxeriformes. A súa presa preferida podería ser o emú de Tasmania, antano abundante. Esta especie de emú era unha grande ave non voadora que compartía o hábitat do lobo marsupial e que acabou extinguíndose a causa do exceso de caza en contra o ano 1850, posibelmente coincidindo co descenso do número de lobos marsupiais.[9] Tanto os dingos como os raposos tamén tiñan ao emú como presa.[10][11] En catividade, os lobos marsupiais eran alimentados cunha gran variedade de alimentos, incluíndo coellos e ualabíes mortos, así como con carne de boi, de cordeiro e de cabalo.[12]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. lobo marsupial no Gran dicionario Xerais da lingu, 2009.
  2. Thylacinus cynocephalus no MSW.
  3. Thylacinus cynocephalus na Lista vermella da UICN.
  4. 1 2 C. N. Johnson e S. Wroe (noveembro de 2003). "Causes of extinction of vertebrates during the Holocene of mainland Australia: arrival of the dingo, or human impact?". The Holocene 13 (6): 941–948.
  5. "The Tasmanian Tiger: Thylacinus cynocephalus Arquivado 11 de outubro de 2006 en Wayback Machine. Australian Rare Fauna Research (2003).
  6. 1 2 Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "El mayor carnívoro marsupial viviente", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 165-168. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.
  7. 1 2 Joan Dixon. "Fauna of Australia chap.20 vol.1b" (PDF). Australian Biological Resources Study (ABRS). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de agosto de 2015.
  8. Thylacine Thylacinus cynocephalus na web deo Museo de Victoria.
  9. Paddle (2000). p. 81.
  10. Pople, A. R.; G. C. Grigg, S. C. Cairns, L. A. Beard & P. Alexander (2000): "Trends in the numbers of red kangaroos and emus on either side of the South Australian dingo fence: evidence for predator regulation?" Wildlife Research '27 (3): 269–276. (Resumo). Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  11. Emu en Blue Planet Biomes.
  12. Paddle (2000). p. 96.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Paddle, R. (2000): The Last Tasmanian Tiger: The History and Extinction of the Thylacine. Cambridge University Press. ISBN 0-521-53154-3.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • "Dasyuromorphia" en Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]