Dino Risi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dino Risi
Dino Risi no Festival de Cannes de 1993.
Nome completoDino Risi
Nacemento23 de decembro de 1916
LugarMilán, Italia Italia
Falecemento7 de xuño de 2008 (91 anos)
LugarRoma, Italia Italia
Causacancro
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Relixiónateísmo
Educado enUniversidade de Roma La Sapienza e Universidade de Milán
FillosClaudio e Marco
ProfesiónDirector de cine (1946 - 2002)
Na rede
IMDB: nm0728271 Allocine: 3814 Rottentomatoes: celebrity/dino_risi Allmovie: p108344 TCM: 162163 TV.com: people/dino-risi
Discogs: 1709583 Find a Grave: 27390750 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dino Risi, nado en Milán o 23 de decembro de 1916 e finado en Roma o 7 de xuño de 2008, foi un director de cine italiano, considerado un dos "mestres" da Commedia all'italiana xunto con Mario Monicelli, Luigi Comencini, Nanni Loy e Ettore Scola.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Risi ficou orfo con doce anos, quedando ó coidado de parentes e amigos da súa familia.[1] Estudou medicina e converteuse máis tarde en psiquiatra.

Comezou a súa carreira no cinema como asistente de dirección de cineastas como Mario Soldati e Alberto Lattuada. Máis tarde comezou a dirixir os seus propios filmes nos que deu oportunidades a futuras estrelas de cine como Sophia Loren e Vittorio Gassman.[1]

Os seus maiores logros foron Poveri ma belli, seguida por dúas secuelas tamén dirixidas por el; Una vita difficile; Il sorpasso; I Mostri ou, en curtametraxe, I Mostri; e Perfume de muller, da que se realizou un remake protagonizado por Al Pacino en 1992.

No 2002, foi premiado co "León de Ouro pola súa traxectoria" (Leone d'oro alla carriera) e no Festival de Cine de Venecia polo seu traballo. Dous dos seus filmes, Il giovedì e Il commissario Lo Gatto, foron mostradas nunha sección retrospectiva na comedia italiana no "67 Festival de Cine Internacional de Venecia".[2]

Deixou dous fillos, Claudio e Marco.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Italian director Dino Risi dies, BBC
  2. "Italian Comedy - The State of Things". labiennale.org. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2010. Consultado o 2010-08-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]