Teodeberto I
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Teodeberto I | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 504 e c. 500 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 548 |
Lugar de falecemento | valor descoñecido |
Causa | ataque animal |
Nacionalidade | Reino franco |
Ocupación | monarca |
Pai | Teodorico I, rei franco |
Nai | Ne |
Cónxuxe | Deuteria e Wisigarda |
Fillos | Teodebaldo, rei dos francos e Bertoara |
Irmáns | Théodechilde |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Teodeberto I, nado cara o 500 e finado no 547 ou 548, (en francés Thibert I ou Théodobert I e en alemán Theudebert I) foi rei merovinxio de Austrasia desde 533 a 548. Tiña a súa residencia en Reims.
Fillo do rei franco Teodorico I de Austrasia. Casado en 533 con Deuteria, unha galo-romana. Posteriormente abandona a Deuteria para casar con Wisigarda (filla de Wacho, rei dos longobardos). Estivo casado probabelmente cunha terceira muller, cuxo nome se descoñece. Tivo un fillo, Teodebaldo (533/535 – 555), do seu primeiro matrimonio e unha filla, Berthoara, da súa segunda muller.
No ano 532 Teodeberto completa, xunto con Gontario (fillo de Clotario I) a reconquista dos territorios situados ao sur de Aquitania, tidos polo seu avó Clodoveo I e que foran tomados polos visigodos á morte de Clodoveo. Á morte de Teodorico I a finais do 533, Teodeberto herda as posesións do seu pai, prevalecendo con axuda dos magnates do seu reino contra as reclamaciones dos seus tíos Childeberto I e Clotario I. Entón Khildeberto (que quedara sen descendencia) alíase co seu sobrino e divídese con el a herdanza de Clodomiro en Borgoña. Pouco despois disto adopta a Teodeberto como lexítimo herdeiro.
Os reis merovingios uníronse para loitar contra os ostrogodos, aliándose así mesmo cos xépidos e os longobardos (Teodeberto casou con Wisigarda, filla do rei longobardo). Teodeberto arrebatou as provincias de Nórico e da Recia aos ostrogodos. Tomaron grandes zonas de Venecia en 545, aproveitándose das loitas entre os ostrogodos e o emperador bizantino Xustiniano I. En calquera caso Teodeberto evitou a confrontación co Emperador Bizantino. O historiador bizantino Procopio de Cesarea conta que as tropas francas se comportaron de forma bárbara en Italia e que mesmo chegaron a sacrificar xente; os ostrogodos, pobo emparentado cos francos, non esquecerían xamais a invasión franca, en palabras do historiador.
Foi o primeiro monarca merovinxio que acuñou moeda de ouro coa súa imaxe.
Teodeberto morreu no décimo cuarto ano do seu reinado (a finais do 547 ou comezos do 548). Sucedeuno o seu fillo Teodebaldo I.