Khilderico II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKhilderico II

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento655 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte675 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (19/20 anos)
Chelles Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Saint-Germain-des-Prés (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei dos francos
673 – 675
← Teodorico III, Rei francoClodoveo III, Teodorico III, Rei franco →
Rei dos francos Austrasia
662 – 673
← Childeberto, o Adotado (pt) TraducirSupresión do cargo → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei dos francos (662–675) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Merovinxia Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBilichild (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosDagoberto (pt) Traducir, Khilperico II Editar o valor em Wikidata
PaisClodoveo II Editar o valor em Wikidata  e Batilde (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsTeodorico III, Rei franco e Clotario III Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Merovingian-83
Moeda de Khilderico II.

Khilderico II, nado cara ao 653 e finado no 675, foi rei de Austrasia desde 657 a 675, e rei de Neustria e Borgoña desde 673 a 675.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Clodoveo II e de Batilda.

Casa no ano 668 con Blitilda que lle dá un fillo, Khilperico II (670-721), que será rei de Neustria á morte de Dagoberto III no 715.

Foi un rei merovinxio, que morreu asasinado no ano 675. Converteuse en rei de Austrasia á idade de 6 anos e en rei de Neustria e Borgoña á morte do seu irmán Clotario III.

No 673, á morte do seu irmán máis vello Clotario III, destrona e encerra no mosteiro de San Denís ao seu irmán Teodorico III, terceiro fillo de Clodoveo II, o cal fora proclamado rei por Ebroin, que era mordomo de palacio. Finalmente, Khilderico II será asasinado no bosque de Lognes, preto de París, debido á conxura organizada polos señores francos que o consideraban moi autoritario.

A partir de aquí, Dagoberto II, fillo de Sixeberto III, que estaba exiliado en Irlanda, e que fora proclamado rei en 674 polos señores de Austrasia, volve para reconquistar o trono de Austrasia, onde reinara o seu pai ata que foi asasinado en 656, mediante un complot organizado polo seu propio irmán Clodoveo II, o pai de Khilderico II, para anexionar as súas terras.