Clotario II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clotario II
Clothaire II 584 628.jpg
Nacemento 584
  valor descoñecido
Falecemento 18 de outubro de 629
  valor descoñecido
Soterrado Abadia de Saint-Germain-des-Prés
Ocupación monarca
Cónxuxe Haldetrude, Bertrude e Sichilde
Fillos Dagoberto I, Cariberto II, Emma da Austrásia, Meroveo, Berta e Énimie
editar datos en Wikidata ]
Clotaire II Lombards.jpg

Clotario II, nado en 584 e finado en 629, foi rei de Neustria, París e finalmente dos francos. Fillo de Khilperico I e de Fredegunda. Pai de Dagoberto I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Proclamado rei de Neustria á morte do seu pai con só meses de idade. A rexencia lévaa a súa nai Fredegunda. Pronto comezou a ter problemas cos nobres que lle reprochaban a forma en que obtivera o poder.

Non podendo gobernar só, chamou ao seu cuñado Gontrán I, que xa controlaba a maioría do reino franco. Este fai promulgar no ano 587 mediante o tratado de Andelot numerosas reformas conducentes a simplificar a xestión do reino.

Gontrán fai tamén recoñecer, baixo o nome da lei sálica, un costume segundo a cal o rei non necesitará dividir o reino entre os seus herdeiros. Debe designar un só e único sucesor. Se non o fai, terase en conta a primoxenitura masculina ou o parentesco próximo.

Gontrán morreu no 592, deixando ao seu sobriño baixo a tutela dun consello formado por leudes e Mordomos de Palacio. Fredegunda morreu no 597, deixando ao seu fillo con enormes dificultades.

Gontrán deixara a maior parte das súas posesións ao seu outro sobriño, Khildeberto II. Á súa morte Clotario convértese no rei de todos os francos.

Un dos primeiros actos de Clotario foi de vinganza. Fai asasinar a Brunequilda, nunha ofrenda póstuma á súa nai.

Desde o 613 ata a súa morte no 629, Clotario II goberna un país franco unificado, pacificado, pero con xordas loitas de influencia entre o poder central e os seus leudes, que non puidera eliminar, necesitando numerosos administradores para un reino tan grande. Neste momento é cando comeza o poderío dos mordomos de palacio, aos cales cede o mando dos exércitos e recoñece como hereditario o cargo de mordomo. Constituíndo unha ameaza para o trono.

Á súa morte, Clotario II deixa o xerme da decadencia merovinxia, aínda que o seu comezo estará atrasada pola acción do seu fillo, o último gran rei merovinxio, Dagoberto I.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]