Childeberto I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Childeberto I
Portrait Roi de france Childebert Ier.jpg
Nacemento c. 497
  Reims
Falecemento 23 de decembro de 558
  París
Soterrado Basílica de Saint-Denis
Nacionalidade Francia
Ocupación monarca
Cónxuxe Ultrogothe
Fillos Crodesinde e Crotberg
editar datos en Wikidata ]
Estatua de Khildeberto I que se conserva no Louvre

Childeberto I, nado en 497 e finado en 558, foi un rei franco e un dos catro fillos de Clodoveo I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Á morte do seu pai, no 511, o reino dividiuse entre os seus catro fillos e el herdou a cidade de París e o territorio que comprendía polo norte ata o río Somme e polo oeste ata a Canle da Mancha. Converteuse en rei de París.

Á morte do seu irmán Clodomiro, rei de Orleáns, coa axuda do seu outro irmán Clotario, rei de Soissons, fixo degolar aos seus sobriños para apropiarse da herdanza. Converteuse en rei de Orleáns.

No 534, axudado por Clotario, conquistou o reino burgundio (Borgoña). Este novo reino foi cogobernado entre eles.

Fixo varias expedicións contra os visigodos de Hispania. No ano 542 apropiouse de Pamplona coa axuda do seu irmán Clotario I. Cercou Zaragoza, pero foi forzado a retirarse. Desta expedición levou a París unha preciosa reliquia, a túnica de San Vicente, en honor de quen fixo construír ás portas de París o famoso mosteiro de San Vicente, coñecido posteriormente como Saint Germain-des-Prés, Francia.

No 558, morreu sen descendencia, e Clotario apoderouse do seu reino e reunificou o reino de Clodoveo.