Clodomiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clodomiro
Nacementoc. 495
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento21 de xuño de 524
Lugar de falecementoVézeronce-Curtin
Ocupaciónmonarca
PaiClodoveo I
NaiClotilde da Borgoña
CónxuxeGuntheuc
FillosThibald, Gonthaire e Clodoaldo
IrmánsChildeberto I, Teodorico I, rei franco, Clotario I, Ingomer e Clotilde
Na rede
WikiTree: Merovingian-63
editar datos en Wikidata ]

Clodomiro, nado cara ao ano 495 e finado en 524, foi o segundo dos catro fillos de Clodoveo I e de Clotilde. Á morte do seu pai no ano 511, dividiuse o reino dos francos cos outros tres irmáns: Teodorico I, Khildeberto I e Clotario I.

Clodomiro casa con Gunteuca que lle dá tres fillos: Teodobaldo, Gunthar e Clodoaldo (o futuro saint Cloud).

En 523-524, quizais instigado pola súa nai Clotilde desexosa de vingar ao seu sobriño, que fora asasinado polo rei Sexismundo, Clodomiro únese aos seus irmáns nunha expedición contra os burgundios. Clodomiro volve a Orleáns, pero o irmán de Sexismundo, Gondomar entra na Borgoña á cabeza dunhas tropas enviadas polo rei ostrogodo Teodorico I e fixo masacrar a guarnición que deixaran os francos.

Clodomiro fai asasinar a Sexismundo e aos seus fillos: Xisaldo e Gundebaldo, o ano 524. Logo lanzouse a unha nova expedición contra os burgundios.

Foi morto a primavera ou o verán dese mesmo ano na batalla de Vereronce. Os seus tres fillos son recollidos pola súa nai ata que casa con Clotario I. Este último fixo masacrar aos fillos de Clodomiro, quedando vivo só Clodoaldo, porque fuxiu. Este, mellor coñecido co nome de Saint Cloud, fíxose abade de Nogent preferindo renunciar á súa cabeleira, símbolo da realeza, antes que á vida.