Meroveo
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 415 (Gregoriano) Tournai |
| Morte | c. 457 (Gregoriano) valor descoñecido |
| Rei dos francos | |
| 450 – 458 ← Clodión – Khilderico I → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Paganismo franco |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | King of Salian Franks (en) |
| Familia | Dinastía Merovinxia |
| Fillos | Khilderico I |
| Pai | Clodión |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Meroveo, rei dos francos (desde 448 a 457). Deu o seu nome á dinastía Merovinxia.
Unha lenda conta que naceu da unión do seu pai Clodión o Cabeludo e dun monstro mariño, polo que os sucesores do trono de Francia virían sempre do mar.
Terceiro rei dos francos, o nacemento deste príncipe é un problema. Uns din que é fillo de Clodión. Outros pretenden que só era da familia. De calquera forma, é seguro que un príncipe con este nome reinou sobre os francos e que tivo como competidor ao trono a un fillo de Clodión. Foi polo seu nome polo que os reis da primeira dinastía foron chamados Merovinxios. A maioría dos historiadores cren que Meroveo estivo co exército romano na sanguenta batalla na que Aecio vence a Atila na chaira dos Campos Cataláunicos (Châlon-en-Champagne). Este príncipe morreu logo de dez anos de reinado. A historia non fala nin do número de fillos que tivo nin do nome da raíña, nai de Khilderico I, o seu fillo e sucesor.
| Reino franco | ||
|---|---|---|
Segue a: Clodión |
Meroveo | Precede a: Khilderico I |
| Merovinxios | ||

