Clotario I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Clotario I
ClotaireIer Jean de Tillet-Recueil des rois de France.jpg
Nacemento 498
  valor descoñecido e Soissons
Falecemento 29 de novembro de 561
  valor descoñecido e Soissons
Ocupación monarca
Pai Clodoveo I
Nai Clotilde
Cónxuxe Guntheuc, Radegunda, Ingund, Aregunda, Chunsene e Waldrada
Fillos Cariberto I, Gontrán, Sixeberto I de Austrasia, Clodosvinda, Khilperico I, Chram, Gundoald e Bilichilde
Irmáns Clodomiro, Childeberto I, Teodorico I, rei franco, Ingomer e Clotilde
editar datos en Wikidata ]

Clotario I foi o fillo menor de Clodoveo e Clotilde. Foi rei de Neustria (511-561), de Orleáns (532-561), de Borgoña, compartido co seu irmán Khildeberto (534-558), de Austrasia (555-561) e de París e de Borgoña (558-561).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No repartimento do Regnum Francorum, á morte do seu pai (511), Clotario obtén a Neustria. Casa con Ingonda no 517.

Á morte do seu irmán Clodomiro (524), Clotario cásase cos súa viúva, Gondioque; pero aínda así non obtén o territorio do seu irmán defunto: a lei sálica impón a partición do reino entre os fillos de Clodomiro. Para evitalo, Clotario alíase con Khildeberto para organizar o asasinato dos seus novos herdeiros (532). Dos tres irmáns, dous foron asasinados, e o último (Clodoaldo) renunciará á súa parte e escollerá a vida monástica. Así, Clotario e Khildeberto, puidéronse repartir libremente o territorio do seu irmán.

No ano 531, casa con Radegunda. Pero ela preferirá retirarse a un convento, no canto de convivir ao seu lado, fundando en Poitiers a abadía da Santa Cruz, a primeira abadía feminina de Europa. Foi canonizada como Santa Radegunda. Volveu casar no 532 con Ingonda e logo coa súa irmá Arnegonda.

A morte de Teobaldo (neto de Teodorico, o seu irmán defunto) no 555, e a de Khildeberto (sen descendencia) no 558, permitirán a Clotario reunificar o Regnum Francorum do seu pai.

Aínda volveu casar con Chunsina, e logo con Vulderade (555) viúva de Teodebaldo, rei de Austrasia.

O seu reinado estivo marcado por numerosas campañas militares, a saber:

Ao final do seu reinado tivo problemas co seu fillo Cramne, que se revelou contra el en numerosas ocasións. Seguiu a Cramne ata Inglaterra, onde se refuxiara, e Clotario encerrouno a el e á súa muller e fillos nunha granxa e prendeulle lume. Perseguido polo remordemento, foi a Tours a implorar perdón sobre a tumba de San Martiño. Morreu pouco despois.