Khildeberto II
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de abril de 570 valor descoñecido |
| Morte | marzo de 596 valor descoñecido |
| Causa da morte | intoxicación |
| Rei dos francos | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca, escritor |
| Outro | |
| Título | Rei dos francos (593–595) Rei dos francos (592–596) Rei dos francos (575–595) |
| Familia | Dinastía Merovinxia |
| Cónxuxe | Faileuba |
| Fillos | Theodila, Teodeberto II, Teodorico II, Rei franco |
| Pais | Sixeberto I de Austrasia |
| Irmáns | Ingund Chlodosind |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie The Nuttall Encyclopædia >>>:Childerbert II. Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Khildeberto II, nado en 570 e finado en 595, foi rei de Austrasia e fillo de Sixeberto I.
Cando o seu pai foi asasinado no 575, por dous escravos de Fredegunda, Khildeberto foi sacado de París cara a Metz, por Gundebaldo, un dos seus fieis e foi recoñecido rei. Tiña só cinco anos de idade e durante a súa longa minoría, o poder estivo disputado entre a súa nai Brunequilda e os nobres.
Khilperico, rei de París, e o rei Gontrán de Borgoña, buscaron aliarse con Khildeberto, o cal foi adoptado por ambos, por quendas. Pero despois do asasinato de Khilperico no 584, e os perigos ocasionados á monarquía franca pola expedición de Gundebaldo no 585, Khildeberto foi finalmente adoptado por Gontrán.
Mediante o Pacto de Andelot no 587, Khildeberto foi recoñecido como herdeiro de Gontrán. Coa axuda do seu tío dominou as revoltas dos nobres e tivo éxito no sitio do castelo de Woëwre. Durante a súa vida fixéronse moitos intentos por parte de Fredegunda, que estaba ansiosa de asegurar a herdanza de Gontrán para o seu fillo Clotario II.
Tamén é coñecido por completar a lei sálica, mediante un decreto.
Khildeberto tivo relacións co Imperio Bizantino e loitou no 585 en nome do emperador Mauricio contra os longobardos en Italia.
Á morte de Gontrán no 592. Khildeberto anexiónase o reino de Borgoña, e mesmo contempla a posibilidade de ameazar as propiedades de Clotario para se converter en único rei dos francos. Morreu no ano 595 deixando dous fillos Teodeberto e Teoderico.
