Teodorico II, rei franco
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 587 valor descoñecido |
| Morte | 613 (Gregoriano) Metz, Francia |
| Causa da morte | disentería |
| Rei | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | Rei dos francos (612–613) Rei dos francos (595–613) |
| Familia | Dinastía Merovinxia |
| Cónxuxe | Ermenberga |
| Fillos | Sixeberto II, Childeberto, Corbo, Meroveo |
| Pais | Khildeberto II |
| Irmáns | Teodeberto II Theodila |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Teodorico II (Thierry II en francés, tamén Teoderico), nado no 587 e finado no 613, foi rei de Austrasia e Borgoña. O seu pai Khildeberto II cando morreu dividiu o reino entre os seus dous fillos. Teodorico herdou o reino de Borgoña cando só tiña oito anos de idade. A súa avoa Brunequilda, exercía a rexencia desde a corte do seu irmán Teodeberto II en Austrasia. Pero cando Teodeberto casa, a súa nai non está de acordo, polo que foi expulsada da corte de Austrasia para dirixirse a Borgoña.
Teodorico casa con Ermenberta, filla do rei visigodo Recaredo. Brunequilda volve protestar por esta voda e consegue que se divorcie.
Os fillos de Khilderico loitan xuntos contra Clotario II que intentara invadir Austrasia e Borgoña. No ano 612, Brunequilda incita a Teodorico a atacar a Teodeberto e vénceo na batalla de Toul. Teodeberto foi encarcerado e morto co seu fillo. Así, Teodorico convértese en rei de Austrasia e Borgoña.
O ano seguinte Teodorico morre e Brunequilda intenta desesperadamente manter o poder instalando no trono a Sixeberto, fillo de Teodorico, pero os nobres de Austrasia, que a expulsaron uns anos antes, entregárona a Clotario II, que, segundo a lenda, atou á anciá á cola dun cabalo salvaxe e deixouna que morrese arrastrada. Tamén mandou asasinar os fillos de Teodorico e no 614 foi recoñecido rei de todos os francos.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teodorico II, rei franco |

