Wisigarda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 510 |
Morte | 541 (30/31 anos) |
Actividade | |
Ocupación | consorte |
Outro | |
Título | Lombard princess (en) Raíña dos francos |
Familia | Lombard dynasty (en) |
Cónxuxe | Teodeberto I |
Fillos | Bertoara |
Pais | Wacho e Austricusa |
Irmáns | Valtari Waldrada |
Wisigarda (en francés Wisigarde, Wisigardis ou Wisigardeis), nada en 510 e finada en 541, foi unha raíña consorte dos francos, tras o seu casamento co rei de Austrasia Teodeberto I.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Wacho, rei dos longobardos, e da súa esposa Austricusa, segundo Gregorio de Tours estaba comprometida contra o ano 533 co rei de Austrasia Teodeberto I, que porén casou con Deuteria.[1] Despois de repudiala, Teodeberto casou, ao redor de 540 con Wisigarda.[2]
A súa irmá Vuldetrada casou co rei Teobaldo, fillo de Teodeberto I e Deuteria.[1]
Casamento
[editar | editar a fonte]Tras un anormalmente longo período de compromiso que durou sete anos, Wisigarda casou con Teodeberto I, rei merovinxio de Austrasia. Ao redor do ano 531, Teodorico I, pai de Teodeberto, organizara o compromiso por razóns políticas. Pero, debido ao matrimonio de Teodeberto coa galo-romana Deuteria, o compromiso con Wisigarda rompeuse. Novamente por razóns políticas, Teodeberto repudiou a Deuteria e, finalmente, casou con Wisigarda entre os anos 537 e 538. Pouco despois da súa voda, ela faleceu.[3]
Sepultura na catedral de Colonia
[editar | editar a fonte]Unha capela especialmente erixida no atrio da catedral de Colonia alberga un mausoleo descuberto en 1959. Este contén a tumba dun neno con casco e armadura e a dunha muller moza. Os dous falecidos, aparentemente pagáns, están acompañados dun rico mobiliario funerario, e a muller levaba valiosas alfaias e ía vestida cun traxe tradicional que a identificaba como unha princesa longobarda. Baseándose na datación e na decoración da tumba, foi identificada como Wisigarda. Porén, a interpretación non está probada por unha inscrición ou outras fontes.[4] Por outra parte, estudos de ADN demostraron que o neno non é seu fillo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Grégoire de Tours (1990). Histoire des Francs. Trad. por J. J. E. París: Gallimard. ISBN 2-262-00789-6.
- ↑ Christian Bouyer (1992). Dictionnaire des Reines de France. París: Librairie Académique Perrin. p. 59. ISBN 2-2620-0789-6.
- ↑ Christian Bouyer (1991): Dictionnaire des reines de France. París: Perrin. ISBN 2-2620-0789-6.
- ↑ Ewig 2001.
- ↑ Patrick Périn, «Quand l’archéologie découvre des reines mérovingiennes oubliées. Que sait-on de Wisigarde, Bathilde ou Arégonde?», emisión do Salon noir en France Culture, 12 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ewig, Eugen (2001). Die Merowinger und das Frankenreich (en alemán). Stuttgart. p. 34. ISBN 978-3-1701-9473-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Die Fränkische Königsfamilie vom Kölner Dom Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (A familia real de Franconia na catedral de Colonia), (en alemán).
- Wisigarda de Lombardía Pequena biografía en wikitree.com, (en inglés).