Sixeberto III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Sixeberto III
Solidus de Sigebert III frappé à Marseille.jpeg
Nacemento 630
  valor descoñecido
Falecemento 1 de febreiro de 656
  valor descoñecido
Ocupación monarca
Pai Dagoberto I
Nai Ragnétrude
Cónxuxe Chimnechilde
Fillos Bilichild e Dagoberto II
Irmáns Clodoveo II
editar datos en Wikidata ]
Legenda aurea - baptême de Sigebert III.jpg

Sixeberto III, nado cara o 630 e finado en 660, foi rei de Austrasia, fillo primoxénito de Dagoberto I.

Para satisfacer as esixencias de autonomía da aristocracia local, o seu pai cédelle no ano 632 o reino de Austrasia e instálase en Metz no ano 634, pero segue estando baixo a tutela do rei franco ata a morte de Dagoberto no ano 639. Nese ano, Sixeberto recibe como herdanza Austrasia, aínda que agora liberada de toda dependencia de Neustria.

Intenta inutilmente someter a Radulfo, duque de Turinxia, que o vence no ano 640.

Durante o seu reinado é cando o mordomo de palacio empeza a ter un papel importante na vida política de Austrasia.

Deixou o goberno en mans do mordomo Grimoaldo, que era fillo de Pipino de Landen que o convence para que adopte ao seu propio fillo, ao que bautizou como Khildeberto, un nome de rei merovinxio. Posteriormente Sixeberto tivo un fillo, o futuro Dagoberto II, pero o mordomo séntese ameazado e á morte do rei, obrígao a ingresar nunha comunidade monástica e exíliao a Irlanda.