Dagoberto III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dagoberto III
Portrait Roi de france Dagobert II (i.e III).jpg
Nacemento c. 698
  valor descoñecido
Falecemento 715
  valor descoñecido
Ocupación monarca
Fillos Teodorico IV, Rei franco
editar datos en Wikidata ]

Dagoberto III, nado cara o 699 e finado en 715, foi o rei dos francos desde 711 ata 715. Era fillo de Khildeberto III e a súa muller Edonne.

Todos os reinos francos (Neustria, Austrasia, e Borgoña) foran unidos desde a vitoria do mordomo de palacio Pipino de Heristal en Tertry en 687 cando Dagoberto sucedeu ao trono á idade de doce anos. Dagoberto foi unha marioneta do mordomo ata o morte de Pipino en 714. Había unha disputa entre os herdeiros de Pipino e os nobres de Neustria encargados de escoller os mordomos de palacio.

Mentres a atención se centraba en combater aos frisios no norte, algunhas áreas da Galia meridional empezaron un proceso de secesión: Savarico, o combativo bispo de Auxerre, en 714 e 715 subxugou Orleáns, Nevers, Avallon e Tonerre pola súa propia conta; e Eudo en Toulousse e Antenor en Provenza eran de feito gobernantes independentes.