Tenrécidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tenrecinos»)
Tenrécidos
Tenrecidae
Tenrecs

Rango fósil: mioceno temperán - actualidade [1]

Tenrec ecaudatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Superorde: Afrotheria
Orde: Afrosoricida
Suborde: Tenrecomorpha
Butler, 1972
Familia: Tenrecidae
Gray, 1821
Subfamilias, Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos tenrécidos (Tenrecidae) é unha familia de mamíferos placentarios afrosorícidos,[2] a única da suborde dos tenrecomorfos (Tenrecomorpha).[3]

A familia está constituída por mamíferos fundamentalmente insectívoros de tamaño relativamente grande, e caracterizados por teren un fociño máis ou menos longo e afiado que utilizan para desenterrar vermes e insectos do solo (son omnívoros). Hai hoxe unhas trinta especies de tenrécidos, moi diversos en aspecto e costumes, os máis deles endémicos de Madagascar, aínda que algús se atopan tamén nalgunhas partes do continente africano.[4]

A explicación de que as formas e os costumes dos tenrécidos sexan tan diversas é o resultado dunha evolución converxente, e por iso algúns se parecen aos ourizos cachos, ou ás musarañas, ás sarigüeias, aos ratos e até ás londras, ocupando ambientes acuáticos, arborícolas, terrestres e subterráneos (escavadores).

O lugar dos tenrécidos na taxonomía está actualmente aínda baixo discusión, xa que algúns autores aínda a inclúen dentro da orde dos Insectivora,[4] hoxe obsoleta, pero a maioría clasifícana na nova orde dos Afrosoricida.[2] Aínda que poidan parecerse ás musarañas, os ourizos ou as lontras, non están estreitamente relacionados con calquera destes grupos, e os seus parentes máis próximos son outros mamíferos insectívoros africanos, como as toupas douradas e as musarañas elefante. O antepasado común destes animais, xunto cos dos porco formigueiro, os damáns, os elefantes e os manatís e o dugongo, non foi recoñecido até a década dee 1990, cando se reuniron no grupo dos Afrotheria.[5]

A familia divídese en catro subfamilias, atendendo á súa gran diversidade: Geogalinae, Oryzorictinae, Potamogalinae e Tenrecinae. Os Tenrecinae, versión malgaxe dos ourizos cachos, e os Oryzorictinae, variante das musarañas e as toupas, son os dous principais grupos.[6]

Cartacterísticas[editar | editar a fonte]

As principais características dos tenrécidos son as de careceren de arco zigomático e de cego. A súa dentición é zalambdodonte ou parcialmente dilambodonte. Algunhas especies están adaptadas á vida anfibia ou á subtrerránea. Utlizan a ecolocación para a orientación no espazo.[4] Rexistráronse formas fósiles desde o mioceno temperán.[1][4]

O tamaño dos tenrécidos oscila entre o das musarañas dos máis pequenos, cunha lonxitude corporal de ao redor de 4,5 cm e un peso de tan só 5 g, e o da especie máis grande, o tenrec común ou tenrec sen cola (Tenrec ecaudatus), que pode medir de 25 a 39 cm de lonxitud e pode pesar máis de 1 kg.[7]

Infrecuentemente entre os mamíferos placentarios, o ano e o tracto uro-xenital do tenrecs comparte unha abertura común, ou cloaca, unha característica máis común nas aves, os réptiles e o anfibios. Ademais, teñen unha temperatura corporal baixa, de xeito que non necesitan un escroto que arrefríe o seu esperma como noutros mamíferos.[7]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descricións dos taxons[editar | editar a fonte]

Suborde

A suborde dos Tenrecomorpha foi establecida en 1972 por Butler.[3]

Incluída na suborde dos Soricomorpha dos Lipotyphla por Butler (1988) e por MacPhee e Novacek (1993).
McKenna e Bell (1997) usaron oe nome Tenrecoidea (atribuído incorrectmnte a Gray, 1821) como unha superfamilia, coa nota «proposto como suborde coordinado con Erinaceomorpha, Soricomorpha e Chrysochlorida»; porén, o uso deste nome é inadecuado.[3]

Familia

A familia dos Tenrecidae fora xa descrita en 1821 polo naturalista inglés John Edward Gray, en London Med. Repos. Rec., 15: 301.[2]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Nome científico[editar | editar a fonte]

Os nomes científicos, tanto Tenrecomorpha como Tenrecidae están formados sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Tenrecus Desmarest, 1820 (actualmente o considerado válido é Tenrec Lacépède, 1799), coa adición das desinencias do latín científico -morpha, forma neutra derivada do grego antigo μορφή morphé, "forma", e ´-idae, derivada da do grego antigo -ίδες -ídes, de είδοσ eídos, "aparencia" "aspecto".

Pola súa parte, o nome Tenrecus deriva do termo francés tenrec, que o incorporou contra 1720-30 adaptando o termo malgaxe tàndraka ou tràndraka (tamén coas variantes tanrac e tandrec). E do francés pasou ás outras linguas europeas (ao inglés, xa no mesmo século XVIII).[8][9][10][11][12][13]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia dos tenrécidos subdivídese en catro subfamilias, con 10 xéneros e 31 especies.[14]

Familia Tenrecidae

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Savage, R. J. G. & Long, M. R. (1986): Mammal Evolution: an illustrated guide. New York: Facts on File. ISBN 0-8160-1194-X.
  2. 2,0 2,1 2,2 Tenrecidae en MSW.
  3. 3,0 3,1 3,2 Tenrecomorpha en MSW.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Kowalsky, K. (1981), pp. 283.
  5. Stanhope, M. J.; Waddell, V. G.; Madsen, O.; de Jong, W.; Hedges, S. B.; Cleven, G. C.; Kao, D. & Springer, M. S. (1998): "Molecular evidence for multiple origins of Insectivora and for a new order of endemic African insectivore mammals". PNAS 95 (17): 9967–72.
  6. Michel Signoli et al. (2007): Peste: entre épidemies et sociétés. Firenze: Firenze University Press. ISBN 978-88-8453-490-3.
  7. 7,0 7,1 Nicholl, Martin (1984): en Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. ISBN 0-87196-871-1, pp. 744–747.
  8. tenrec, no Collins Concise English Dictionary.
  9. Etymology of the French word tenrec Arquivado 02 de outubro de 2015 en Wayback Machine. en MyEtymology.
  10. Word Tenrec Origin Arquivado 02 de outubro de 2015 en Wayback Machine. en explainwords.com
  11. Etymology: French, from Malagasy tàndraka. Date: circa 1785 any of numerous small often spiny mammalian insectivores (family Tenrecidae) chiefly of Madagascar, en Merriam Webster English Dictionary.
  12. Malagasy tàndraka; en francés tenrec (Bernard Germain de Lacépède, 1799) Arquivado 02 de outubro de 2015 en Wayback Machine., en Animalia. Etymology of animal names.
  13. tanrec, tenrec, en Buffon (1764): Hist. nat., t. 12, p. 438: le tanrec et le tendrac). De tandraka, var. dial. de trandraka, nome malg. de cet animal en Le Trésor de la Langue Frnaçaise informatisé.
  14. Bronner, G. N. & Jenkins, P. D. (2005): "Order Afrosoricida". En Wilson & Reeder, eds. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3rd ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press, pp. 72–77. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]