Cloaca (zooloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En anatomía animal, a cloaca é unha cavidade aberta ao exterior para a expulsión de refugallos, situada na parte final do tracto dixestivo, na que conflúen tamén os condutos finais dos aparellos urinario e reprodutor. Está presente en determinadas especies de vertebrados: en todas as aves, réptiles e anfibios, así como nalgúns peixes (condrictios) e mamíferos (monotremas e marsupiais) e, excepcionalmente, nos tenrécidos, que son placentarios.[1]

Tamén se lle dá ese mesmo nome á porción final do tubo dixestivo de certos artrópodos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 84-282-0206-0.